Nun glosario terminolóxico, aínda sen velo diante seguramente a inmensísima
maioría dos termos serán palabras léxicas, ou sexa nomes substantivos e en
menor medida adxectivos e verbos. Non tería ningunha utilidade incluír no
glosario, p. ex., pronomes ou partículas comparativas.

Por outro lado, eu entendo que nós debemos preocuparnos da categoría das
equivalencias en galego, e do inglés se tamén compilamos nós as entradas
nesa lingua (como lingua de partida). Se alguén vai procurar equivalencias
para o finés ou o xaponés, xa verán eles que categorías ten cada
equivalencia e se coincide ou non coa do termo orixe en inglés.

De todas as formas, probabelmente todas as linguas teñen nomes e verbos, por
tanto non hai problema.

Conclusión, eu creo que para o 99% dos casos coas categorías léxicas de TBX
que se citaron (noun, properNoun, verb, adjective, adverb), máis algunha
máis gramatical (como o xénero, para o galego), vamos que chutamos.

NMMO :P
Manuel

2009/2/16 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>

>
> > Para o partOfSpeech, o seu é empregar a listaxe de valores admisíbeis
> > segundo o TBX-Basic, a saber:
> >     Permissible values:
> >     noun
> >     verb
> >     adjective
> >     adverb
> >     properNoun
> >     other
>
> > Descoñezo de para algún idioma cunha gramática moi afastada da do
> > galego farán falla outras categorías.
>
> (Semi-OT) eu diría que case na meirande parte das linguas faría falta máis
> clases lexicas e nin sequera me imaxino como poden solventar linguas con
> gran
> complexiade gramatical (ie. o finés, o xaponés...) a maneira de como
> adaptarse
> para que os compendios lle sirvan. Pro que teña interese en explora-la
> cuestión:
>
> http://en.wikipedia.org/wiki/Lexical_category
> http://en.wikipedia.org/wiki/Grammatical_category
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090216/ed4a7d8a/attachment.htm
 

Responderlle a