Olá, segundo as miñas pesquisas, creo que a tradución de GNU Mailman fíxoa FJ 
Rial, non?. 

Só era para advertir dun pequeno erro gramatical

>Ten que saber A SÚA contrasinal para poder trocar as súas opcións
>(incluído o troco DA PROPIA contrasinal) ou para anular a súa
>subscrición. A SÚA contrasinal é...

"sinal", e consecuentemente, "contrasinal", ten xénero masculino: >o seu 
contrasinal.

Non sei a que parte da tradución pertence; vino ó me suscribir á unha lista de 
mancomun.org, no correo que se manda de confirmación. 

Saúdos, 

Miguel Branco

Responderlle a