Ola:
Eu son dos que pensa que o mellor é consensuar, e como comentei antes 
sempre vai haber onde o tradutor pon o seu gran de area.
Tan difícil é chegar a un acordo?
Xabier comenta "glosario do Cesga está validado polo Termigal", isto non 
quita que á hora de escoller un termo ou outro non haxa criterios mais 
ou menos persoal (subxectivo) pois as veces poden haber mais dun temo 
que se adapta á tradución (ollo!! eu non son experto en nada, o meu é so 
unha opinión).
Eu non son un entusiasta do galego da RAG mais aceptoo a pesar de que 
este organismo non vela nin traballa polo galego o suficiente (por dicir 
algo).
En definitiva, penso que sería bo que os tradutores fixésemos un esforzo 
por consensuar un glosario e que os do cesga (mancomun) da a impresión 
que van por libre (iso non me gusta).

A miña proposta (opinión) é que sería bo tratar de unificar (consensuar) 
u glosario para todos os grupos de tradutores.

Saúdos

Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Nesta lista,  a maioría das traducións deberían ser as das modificacións 
> que fan en Ubuntu de programas que xa están medio/completamente 
> traducidos, polo que deberíamos seguir o glosario do tradutor orixinal 
> (para non romper a unidade da aplicación), pero no caso das aplicacións 
> concretas de Ubuntu que se traducen enteiras, ou os que traduzamos algún 
> programa por outro lado:
> 
>     ¿Que glosario deberíamos seguir?
> 
> Non teño unha opinión formada, gustaríame saber que opinades.
> 
> Un saúdo.
>     Felipe.
> 
> P.S.: Se non nos gusta totalmente o de Mancomún, sempre o poderíamos 
> copiar e modificar ao noso gusto (supoño que non haberá ningún problema 
> de tipo legal).
> 
> 
> Nacho [eXr] wrote:
>> Ola,
>>
>> eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
>> pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
>> terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O 
>> mesmo
>> podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...
>>
>> De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
>> seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.
>>
>> Un saúdo
>>
>> On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:
>>
>>   
>>> Ola:
>>> Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
>>> Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
>>> Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
>>> pode editar.
>>> Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
>>> traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero 
>>> penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
>>> consensuados). :
>>> Por exemplo aprecio no de trasno:
>>>
>>>   window
>>>   1. n.f. fiestra (recomendado)
>>>   2. n.f. xanela
>>>   3. n.f. ventá
>>>
>>> e no de man común: optan por ventá
>>>
>>> É un pequeno detalle e hai máis
>>>
>>> Saudos
>>>
>>>
>>> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
>>>     
>>>> Ola a todos,
>>>>
>>>> En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecnoĺóxicos 
>>>> inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
>>>> Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
>>>>
>>>> Un saúdo.
>>>>
>>>> A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
>>>>
>>>>
>>>>       
> 
> 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : smime.p7s
Tipo       : application/x-pkcs7-signature
Tamaño     : 2299 bytes
Descrición: S/MIME Cryptographic Signature
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20070510/231c0069/attachment.bin
 

Responderlle a