Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
cientifico-lingüistico da investigación bastante potente, ainda que eu
siga a pensar que ao mellor tería collido outras solucións (sobre todas
as que comentei antes).

O glosario vexoo como unha guía, despois cada un seguira probabelmente a
seu librillo.   

O Xov, 10-05-2007 ás 12:46 +0200, Dani Muñiz escribiu:
> Ola:
> Eu son dos que pensa que o mellor é consensuar, e como comentei antes 
> sempre vai haber onde o tradutor pon o seu gran de area.
> Tan difícil é chegar a un acordo?
> Xabier comenta "glosario do Cesga está validado polo Termigal", isto non 
> quita que á hora de escoller un termo ou outro non haxa criterios mais 
> ou menos persoal (subxectivo) pois as veces poden haber mais dun temo 
> que se adapta á tradución (ollo!! eu non son experto en nada, o meu é so 
> unha opinión).

Hai termos que se tardaou moito en chegar a un acordo. O galego non está
normalizado no eido das tecnoloxía (e en outros moitos), polo que
imaxinate tendo en conta como somos os galegos e galegas, o que se tarda
en chegar a ese acordo ;-) .



> Eu non son un entusiasta do galego da RAG mais aceptoo a pesar de que 
> este organismo non vela nin traballa polo galego o suficiente (por dicir 
> algo).
> En definitiva, penso que sería bo que os tradutores fixésemos un esforzo 
> por consensuar un glosario e que os do cesga (mancomun) da a impresión 
> que van por libre (iso non me gusta).

Non creo que vaian por libre, máis ben creo que algunhas veces son
parcos/as na información que dan, o que deriva en malos entendidos.
Na miña opinión tiñan que estirarse un pouco máis cando dan as noticias,
porque despois andamos despitados/as.



Saúdos.


> 
> A miña proposta (opinión) é que sería bo tratar de unificar (consensuar) 
> u glosario para todos os grupos de tradutores.
> 
> Saúdos
> 
> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > Nesta lista,  a maioría das traducións deberían ser as das modificacións 
> > que fan en Ubuntu de programas que xa están medio/completamente 
> > traducidos, polo que deberíamos seguir o glosario do tradutor orixinal 
> > (para non romper a unidade da aplicación), pero no caso das aplicacións 
> > concretas de Ubuntu que se traducen enteiras, ou os que traduzamos algún 
> > programa por outro lado:
> > 
> >     ¿Que glosario deberíamos seguir?
> > 
> > Non teño unha opinión formada, gustaríame saber que opinades.
> > 
> > Un saúdo.
> >     Felipe.
> > 
> > P.S.: Se non nos gusta totalmente o de Mancomún, sempre o poderíamos 
> > copiar e modificar ao noso gusto (supoño que non haberá ningún problema 
> > de tipo legal).
> > 
> > 
> > Nacho [eXr] wrote:
> >> Ola,
> >>
> >> eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
> >> pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
> >> terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O mesmo
> >> podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...
> >>
> >> De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
> >> seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.
> >>
> >> Un saúdo
> >>
> >> On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:
> >>
> >>   
> >>> Ola:
> >>> Como se soe dicir: "Aquí cada tolo co seu tema"
> >>> Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
> >>> Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
> >>> pode editar.
> >>> Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
> >>> traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero 
> >>> penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
> >>> consensuados). :
> >>> Por exemplo aprecio no de trasno:
> >>>
> >>>   window
> >>>   1. n.f. fiestra (recomendado)
> >>>   2. n.f. xanela
> >>>   3. n.f. ventá
> >>>
> >>> e no de man común: optan por ventá
> >>>
> >>> É un pequeno detalle e hai máis
> >>>
> >>> Saudos
> >>>
> >>>
> >>> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> >>>     
> >>>> Ola a todos,
> >>>>
> >>>> En Mancomún acaban de publicar un glosario de "termos tecno?óxicos 
> >>>> inglés-galego", baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
> >>>> Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
> >>>>
> >>>> Un saúdo.
> >>>>
> >>>> A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
> >>>>
> >>>>
> >>>>       
> > 
> > 
> 
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego


Responderlle a