Ola:
Desde o meu punto de vista, macomun.org non está contar cos colectivos 
relacionados coa tradución. Vai por libre.
O que me gustaría é que se chegase a un acordo para facer un glosario 
común e consensuado ¿tan dificil é?.
¿Por que non unificar? polo menos no básico.
O que sería interesante saber é se os de mancomún, trasno, 
ciberirmandade... están dispostos as consensuar un glosario.
Saúdos




Xabi García escribiu:
>> Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
>> cientifico-lingüistico da investigación bastante potente
> 
> Xa se viu, pero se ata o de agora se extendeu o uso de "fiestra", por exemplo 
> en case todas as traducións de software libre (polo tanto, en porcentaxe 
> maioritario, en case todas as traducións de software ao galego), non sei que 
> tipo de investigación foi a que se efectou para chegar a conclusións a 
> contracorrente. Eu agardo que sexa un motivo lingüístico serio, e non unha 
> escolla arbitraria ou mesmo subxectiva do lingüista encargado. De escoller 
> arbitrariamente, habería que escoller a máis extendida, como se fai 
> habitualmente.
> 
> 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Responderlle a