Benvida Lucía. Calquera cuestión que poidamos aportar dende Mancomún só
avisa.

Saúdos,

Lucia.Morado escrebeu:
> Bos dias a todos,
> 
> 
> Son Lucia Morado, estudante de doutoramento na Universidade de Limerick 
> (Irlanda). Traballo no LRC (Localisation Research Center) dentro do proxecto 
> do CNGL (Centre for Next Generation Localisation). A miña investigación é no 
> campo dos estándares de localización, pero tamén estou interesada en 
> investigar sobre a localización ao galego.
> 
> Estou tentando recoller toda a información posible sobre o que se fixo, o que 
> se está a facer e as perspectivas de futuro (tanto no ámbito comercial e/ou 
> institucional como no software libre) na localización ao galego.
> Perdoade se recibistes a mesma mensaxe por outras canles, estou tentando 
> chamar a tódalas portas para que a miña investigación sexa o máis completa 
> posible.
> 
> Tamén quero ofrecer dende aquí toda a mina axuda en futuros proxectos.
> 
> Atentamente,
> 
> Lucia Morado Vázquez
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a