> Estou tentando recoller toda a información posible sobre o que se fixo, o que 
> se está
> a facer e as perspectivas de futuro (tanto no ámbito comercial e/ou 
> institucional
> como no software libre) na localización ao galego.

Pois dende o ámbito do voluntariado tradutor de SL facemos e fixemos o
que puidemos e/ou quixemos. Perdoa pero é que non puiden evitar o de
facer un comentario dicindo moito sen dicir nada.

As nosas perspectivas son traducir todo o que se nos poña por diante,
pero non creo que chegue a pasar por falta de man de obra. Tamén
estamos vendo de conseguir automatizar máis o tema da tradución,
mellorar a calidade mediante o aumento da coherencia e eliminación de
erros nas traducións.

Tamén buscamos de cando en vez novos voluntarios (ou voluntarias),
ainda que parecen unha especie en perigo de extinción xa que son
dificiles de atopar.

Se buscas unha información máis detallada di o que queres saber exactamente.

> Tamén quero ofrecer dende aquí toda a mina axuda en futuros proxectos.

Se queres traducir, adiante.

Ata logo,
                       Leandro regueiro

Responderlle a