>> O perfecto seria un editor de texto gráfico libre cunhas duascentas ou >> trescentas cadeas, pero polo visto ningún dos candidatos está sen >> traducir ou usa Gettext...
Respondendo a todos. Gobby estaria ben, igual ten poucas cadeas, pero como é para comezar... quizais se escollemos outro para os "lanzados" xa temos a papeleta solucionada. Respecto ó da xente que traduce por libre, se poden que se acheguen á XGN, xa que conto de que nos xuntemos varios tradutores e poidamos falar da situación do tema da tradución. Polo de agora podo dicir que iso do censo de traducións (máis que de tradutores) non se pode ter nunha wiki, hai que actualizalo periodicamente, debe estar centralizado, e debe publicitarse para que a xente se apunte. É que vexo que traduciron ata o Nsis... e nós sen sabelo. Polo que vexo moitos dos programas que se están traducindo ultimamente non usan gettext, pero como teño a teima de montar unha base de datos de traducións estilo open-tran con toda canta tradución pillemos por diante, pois haberia que ver de intentar converter a outro formato, por exemplo TMX, por iso de reaproveitar, ainda que non hai importador para TMX no open-tran sempre podo escribir un. O eclipse ou o netbeans non son para traducir nun obradoiro de iniciación, pero si seria interesante traducilos se é que se pode, xa que a última vez que mirei o netbeans non se podia traducir. E supoño que terán moito que traducir, pero esas traducións hai que tomalas con calma, ou pensades que o KDE se traduciu todiño en tres meses? ARGO UML ou gvSIG son máis interesantes para o ámbito das universidades, penso eu. En cambio o Meld si que me interesa. De feito non me dera conta de que nos extras de Gnome houbera tanto sen traducir. Se aparece algún interesado alí xa teño a onde envialo de cabeza :) O Meld entra na lista de posibles entón. Si, editores haichos a patadas, pero ou non se poden traducir, ou usan formatos esotéricos ou poucos cómodos coma .ini ou .lng... Ata logo, Leandro Regueiro