2009/8/4 Lucia.Morado <lucia.morado en ul.ie>:
>
> Ola de novo,
>
> Outra teoría sobre o dicionario: creo que é unha tradución automática dende o 
> inglés, polo menos nas frases de ejemplo. Mirade o exemplo da palabra 
> borracho:
> http://gl.w3dictionary.org/index.php?q=borracho
>
> borracho
>      n: Unha persoa que bebidas alcohólica.
>
> Eu creo que esto traduciuse de "a person that drinks alcohol."
>
> Ou "glosario":
>
>
> Glosario
>      n: unha lista alfabética de termos técnicos especializados en algunhas
>          dominio do coñecemento, xeralmente publicada coma un apéndices dunha 
> texto sobre esta materia [syn: (brillo)]
>
>
>
> A pouca concordancia dos nomes e adxectivos e a confusión dos verbos por 
> nomes faime sospeitar que é unha tradución automática dende o inglés.
>
>
> Sobre TILP:
> O secretario da organización é o director do meu centro de investigación, así 
> que si que a coñezo. É unha organización sen ánimo de lucro para 
> especialistas/empresas/investigadores no campo da localización.
> Os membros da organización teñen moitos descontos en produtos do sector e 
> actividades que se organizan periódicamente, creo que tamén tiñan gratuita a 
> revista especializada que publicamos no LRC (pero isto non o sei seguro), 
> Localisation Focus.
> Agora tamén ofertan uns cursos de especialización en localización. Son cursos 
> de 6 semanas on line e unha semana nun centro asociado con TILP, na 
> Universidade de Limerick fixéronse hai dúas semanas e volve a haber outro en 
> agosto. O prezo do curso varia dependendo da zona do mundo na que se viva 
> (creo que valía 200 euros nos países en desenvolvemento e ata 800 nos 
> desenvolvimos, pero mellor que consultedes isto nas condicións do curso). Se 
> se supera o curso consíguense licencias dalgúns produtos comercias (creo que 
> SDL Trados e Alchemy Catalyst, pero mellor que o consultedes). 
> http://www.tilponline.org/clp.shtml
>
> Aproveito isto tamén para facer un pouco publicidade da conferencia que temos 
> en setembro (é unha mágoa porque coincide cun curso interesantísimo que se 
> organiza en Santiago). Haberá cursos profesionais gratuitos e presentacións 
> sobre casos reais. Tratarase o caso da tradución voluntaria, de poñer en 
> contacto voluntarios con ONGs, o papel das universidades etc. Podedes ler 
> máis na páxina web www.agis09.org.
> Teremos presenza galega: Suso Baleato viranos a falar do caso de Mancomun. 
> Por certo, un dos cursos gratuitos será impartido por Richard Ishida, o 
> responsable de internacionalización do W3C.
> Estades todos convidados ;).

Pero a viaxe témola que pagar nós, non si :) Sendo así case que quedo por acó.

Ata logo,
                           Leandro Regueiro

Responderlle a