-----Original Message----- From: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-boun...@mancomun.org] On Behalf Of Leandro Regueiro Sent: 04 August 2009 21:59 To: Comunidade de tradución de software libre ao galego Subject: Re: [G11n]Dicionario galego-inglés do w3 consontium
2009/8/4 Lucia.Morado <lucia.morado en ul.ie>: > > Ola de novo, > > Outra teoría sobre o dicionario: creo que é unha tradución automática dende o > inglés, polo menos nas frases de ejemplo. Mirade o exemplo da palabra > borracho: > http://gl.w3dictionary.org/index.php?q=borracho > > borracho > n: Unha persoa que bebidas alcohólica. > > Eu creo que esto traduciuse de "a person that drinks alcohol." > > Ou "glosario": > > > Glosario > n: unha lista alfabética de termos técnicos especializados en algunhas > dominio do coñecemento, xeralmente publicada coma un apéndices dunha > texto sobre esta materia [syn: (brillo)] > > > > A pouca concordancia dos nomes e adxectivos e a confusión dos verbos por > nomes faime sospeitar que é unha tradución automática dende o inglés. > > > Sobre TILP: > O secretario da organización é o director do meu centro de investigación, así > que si que a coñezo. É unha organización sen ánimo de lucro para > especialistas/empresas/investigadores no campo da localización. > Os membros da organización teñen moitos descontos en produtos do sector e > actividades que se organizan periódicamente, creo que tamén tiñan gratuita a > revista especializada que publicamos no LRC (pero isto non o sei seguro), > Localisation Focus. > Agora tamén ofertan uns cursos de especialización en localización. Son cursos > de 6 semanas on line e unha semana nun centro asociado con TILP, na > Universidade de Limerick fixéronse hai dúas semanas e volve a haber outro en > agosto. O prezo do curso varia dependendo da zona do mundo na que se viva > (creo que valía 200 euros nos países en desenvolvemento e ata 800 nos > desenvolvimos, pero mellor que consultedes isto nas condicións do curso). Se > se supera o curso consíguense licencias dalgúns produtos comercias (creo que > SDL Trados e Alchemy Catalyst, pero mellor que o consultedes). > http://www.tilponline.org/clp.shtml > > Aproveito isto tamén para facer un pouco publicidade da conferencia que temos > en setembro (é unha mágoa porque coincide cun curso interesantísimo que se > organiza en Santiago). Haberá cursos profesionais gratuitos e presentacións > sobre casos reais. Tratarase o caso da tradución voluntaria, de poñer en > contacto voluntarios con ONGs, o papel das universidades etc. Podedes ler > máis na páxina web www.agis09.org. > Teremos presenza galega: Suso Baleato viranos a falar do caso de Mancomun. > Por certo, un dos cursos gratuitos será impartido por Richard Ishida, o > responsable de internacionalización do W3C. > Estades todos convidados ;). Pero a viaxe témola que pagar nós, non si :) Sendo así case que quedo por acó. Ata logo, Leandro Regueiro _______________________________________________ G11n mailing list G11n en mancomun.org http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n A viaxe ata aquí si, pero logo temos unha excursión gratuita ás illas de Arán ;) Lucía