Seguramente foi discutido ou comentado algunha vez (en Trasno) pero non teño a referencia. Hai disparidade nas traducións que non é aceptábel porque se trata dun termo informático estrito.
Por exemplo Mozilla (Seamonkey, Thunderbird) > socket Gnome (desde 2.16) > conectador Pero en Gnome tamén se emprega «conectador» para o inglés "connector": *conectador* Entrada/Saída KDE > socket XFCE > socket conectador Suse, Mandriva > socket E isto aínda que no Glosario de Trasno non hai máis que a opción socket 1. n.m. socket .... En portugués, optaron pola adaptación alternando co anglicismo : socket > soquete, socket En francés, segundo a terminoloxía de Sun en. socket fr. socket pero tamén aínda que con uso mínimo "connecteur" En catalán tampouco están mellor : sòcol (!), connector, socket Nota miña: a palabra "socket" (neste caso diminutivo de sock=calcetín) non ten nada que ver con zócolo (en. baseboard, skirting board) En español traduciuse sempre como socket en Mandriva, KDE, Gnome, ... aínda que a min o de "zócalo del procesador" sóame moito. En resumidas contas, Creo que se debería deixar como «socket» ou como moito ilo adaptando á ortografía (sócket) algo como sóquet, soquete ou mesmo reinterpretando como zoquete creo que están fóra de utilidade. Tampouco me parece adecuado seguilo traducindo como «conectador» xa que se confunde con outro termo, moi usado en openoffice é que é obvio que non ten mellor adaptación posíbel que como conector (connector). Opinións, máis datos...? -- Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org> ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : meixome.vcf Tipo : text/x-vcard Tamaño : 841 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090810/e0d9438b/attachment.vcf