>> En portugués, optaron pola adaptación alternando co anglicismo : socket >
>> soquete, socket
>>
>> En francés, segundo a terminoloxía de Sun
>>
>> en. socket    fr. socket  pero tamén aínda que con uso mínimo "connecteur"
>>
>> En catalán tampouco están mellor : sòcol (!), connector, socket
>>
>>   Nota miña: a palabra "socket" (neste caso diminutivo de
>>   sock=calcetín) non ten nada que ver con zócolo (en. baseboard,
>>   skirting board)
>>
>> En español traduciuse sempre como socket en Mandriva, KDE, Gnome, ...
>> aínda que a min o de "zócalo del procesador" sóame moito.
>>
>> En resumidas contas,
>>
>> Creo que se debería deixar como «socket» ou como moito ilo adaptando á
>> ortografía (sócket) algo como sóquet, soquete ou mesmo reinterpretando como
>> zoquete  creo que están fóra de utilidade. Tampouco me parece adecuado
>> seguilo traducindo como «conectador» xa que se confunde con outro termo, moi
>> usado en openoffice é que é obvio que non ten mellor adaptación posíbel que
>> como conector (connector).
>>
>> Opinións, máis datos...?
>
> Vocabulario de informática
> editado polo Servizo de normalización lingüisica da Universidade de Vigo
> Autores Guinovart e Lorenzo, data 1994
> na súa última entrada
> Z
> 500 zócolo m
> zócolo para coprocesador
> (EN socket)
> (ES) zócalo
>
> Ata aquí todo correcto. Eu normalmente non traduzo o termo, a no ser nos
> casos nos que está máis que claro que se refire a algo en concreto:
> Conectadores "seie", "paralelo", "COM.." etc... en que emprego conectador.
> Moitas veces refirese a un "socket"  interno do procesador, polo que é
> prácticamente imposible (para a maioría de nos) saber a que tipo de
> estructura interna do procesador se refire, xa que podería ser traducido por
> "porta", "ruta/camiño", "ligazón" etc... según fose a "actividade" dese
> "socket", neste caso deixo o termo orixinal.

Pois non sei, disto xa se falara en marzo deste ano na rolda de
Trasno. Mágoa non ter un arquivo para podelo consultar na rede. Ao
final non se chegara a nada. Pego o meu ficheiro sobre "socket":

#####
socket --> 87
Mandriva:  4
GNOME:  17
KDE:  59
SUSE:  5
XFCE:  2

conectador --> 18
GNOME:  11
KDE:  1
XFCE:  6

conexión --> 1
KDE:  1

porto --> 1
GNOME:  1


O glosario de Mancomun recomenda "conectador" e o de Trasno "socket".
#####

Quizais deberiamos ver como se traduce en máis linguas: italiano,
romanés, portugués brasileiro...

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a