> Polas miñas indagacións, non recoñece a palabra reservada msgctxt, na que eu
> lle indico o contexto, cando fago a conversión de .ts a .po. Polo que vin nas
> especificacións de .po si que se emprega e xa me teño topado con ficheiros que
> .po que si que aparece e ata o translate toolkit o conversor ts2po a emprega, 
> co
> que me parece raro. Supoño que é problema do Lokalize, xa que si ao ficheiro 
> .po
> lle quito esas liñas, si que mos carga, co que podería ser un erro. Xa me
> contaredes os que empregades o Lokalize.

Tanto o Poedit, a partir de non sei cal versión a cal xa quedou moooi
atrás, e mailo Lokalize e diria que o Kbabel nos seus últimos anos,
soportan perfectamente msgctxt.

> O problema que teño coa tradución é que non me pilla as cadeas deste tipo:
>
> msgid "Could not read directory
> %1"
> msgstr ""

Se queres partir unha cadea orixinal en varias liñas tes que comezar e
rematar cada liña con " como che dixo Marce.

> Non mas recoñece nin o OmegaT nin o Poedit. No primeiro non as colle para
> traducilas e no segundo pois colle así:
> Could not read director
> Perdese o último caracter e non aparece o da liña de abaixo. Vou a facer
> probaturas e a ver se metendo todo na mesma liña e indicando salto de liña con
> /n me funciona e mirar na interface do programa se todo vai ben.
>
> Pois facendo probas con eso de arriba, creo que pondoo da seguinte maneira:
> msgid "Could not read directory"
> "%1"
> msgstr ""
> Pois o Poedit, xa pillaba todo, pero metíao todo na mesma liña, cousa que non
> creo que valga, pois no Lokalize petou o programa. Adxunto a captura do erro e
> o informe que xerou o programa, por se pode ser de utilidade para enviarlle ao
> desenvolvedor.

Pois se queres que no editor che aparezan en varias liñas diria que é
así, ou polo menos así o vin en varios ficheiros de diferentes
proxectos:

msgid "Could not read directory\n"
"%1"
msgstr ""

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a