Ola.

Hoxe voltando a facer probas e con Fran na Oficina, ensineille o exemplo do 
ficheiro e xa diu con erro.

O erro que cometía era que cando facía a conversión, non metía entre comillas o 
contexto. En ver de polo así:

msgctxt "Contexto"

eu poñíao así:

msgctxt Contexto

por eso me fallaba. Na especificación de .po, pois non poñía nada e nos 
exemplos ía tal cual sen as comillas, pero tamén ía sen comillas ás veces o que 
vai entre msgid e msgstr. Non sei, nalgún lado me pareceu que ía sen comillas, 
ata estiven revisando algún ficheiro .po no que pensei velo sen elas e fixen 
probas co translate toolkit para ver como facía a conversión e si que traían as 
comillas. Obcequeime en que non levaba comilllas e por eso petaba o tratar con 
esa etiqueta.

O outro erro que me estaba a dar, creo que é cando traballa con ficheiros .po 
que non levan a cabeceira, este pedazo de código:

# Galician translation for deja-dup
# Copyright (c) 2009 Rosetta Contributors and Canonical Ltd 2009
# This file is distributed under the same license as the deja-dup package.
# FIRST AUTHOR <EMAIL en ADDRESS>, 2009.
#
msgid ""
msgstr ""
"Project-Id-Version: 
"Report-Msgid-Bugs-To: 
"POT-Creation-Date: 2009-06-13 13:02-0400\n"
"PO-Revision-Date: 2009-05-06 01:37+0000\n"
"Language-Team: Galician <gl en li.org>\n"
...

Sen esta cabeceira, creo que é cando da o erro que anexei no primeiro correo.

E no tocante ao das liñas, pois é o que decides. Que teñen que ir entre 
comillas. A ver como arranxo o conversor para que me traballe con estes 
detalliños e poida liberalo dunha vez, para que aquel que prefira traballar co 
Lokalize e con outros como OmegaT (no meu caso), poida traducir os .ts sen 
empregar o qtlinguist. Eu non o emprego porque non traballa con tmx e é dificil 
traballar con el. Non me habituo a el e o de ir xerando as súas memorias é un 
incordio.

Saúdos.

----- Mensaje original -----
De: "Leandro Regueiro" <leandro.regueiro en gmail.com>
Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" <g11n en 
mancomun.org>
Enviados: Lunes, 17 de Agosto 2009 12:14:06 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] incidencias co Lokalize

> Polas miñas indagacións, non recoñece a palabra reservada msgctxt, na que eu
> lle indico o contexto, cando fago a conversión de .ts a .po. Polo que vin nas
> especificacións de .po si que se emprega e xa me teño topado con ficheiros que
> .po que si que aparece e ata o translate toolkit o conversor ts2po a emprega, 
> co
> que me parece raro. Supoño que é problema do Lokalize, xa que si ao ficheiro 
> .po
> lle quito esas liñas, si que mos carga, co que podería ser un erro. Xa me
> contaredes os que empregades o Lokalize.

Tanto o Poedit, a partir de non sei cal versión a cal xa quedou moooi
atrás, e mailo Lokalize e diria que o Kbabel nos seus últimos anos,
soportan perfectamente msgctxt.

> O problema que teño coa tradución é que non me pilla as cadeas deste tipo:
>
> msgid "Could not read directory
> %1"
> msgstr ""

Se queres partir unha cadea orixinal en varias liñas tes que comezar e
rematar cada liña con " como che dixo Marce.

> Non mas recoñece nin o OmegaT nin o Poedit. No primeiro non as colle para
> traducilas e no segundo pois colle así:
> Could not read director
> Perdese o último caracter e non aparece o da liña de abaixo. Vou a facer
> probaturas e a ver se metendo todo na mesma liña e indicando salto de liña con
> /n me funciona e mirar na interface do programa se todo vai ben.
>
> Pois facendo probas con eso de arriba, creo que pondoo da seguinte maneira:
> msgid "Could not read directory"
> "%1"
> msgstr ""
> Pois o Poedit, xa pillaba todo, pero metíao todo na mesma liña, cousa que non
> creo que valga, pois no Lokalize petou o programa. Adxunto a captura do erro e
> o informe que xerou o programa, por se pode ser de utilidade para enviarlle ao
> desenvolvedor.

Pois se queres que no editor che aparezan en varias liñas diria que é
así, ou polo menos así o vin en varios ficheiros de diferentes
proxectos:

msgid "Could not read directory\n"
"%1"
msgstr ""

Ata logo,
                    Leandro Regueiro
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a