Boas.

Non sei exactamente con que formato vai a localización de kde (os programas 
para kde que lle botei un ollo, pois ían con .ts).

Os responsables da tradución de KDE, tedes tamén memorias de tradución do que 
levades, ou .po ou ata .qhr (ou algo parecido que é o que hai que ir xenerando 
ao traducir os .ts), para poder empregar de base noutras localizacións. Eu por 
agora estou empregando o open-tran.eu, pero ás veces non teño conexión e sería 
unha axuda moi grande.

Ao mellor xa existe algún lugar no que teñades todos eses recursos 
centralizados, se é así, alguén me pode pasar ligazóns a eses sitios.

Unha aperta.

PD: perdoade por se esta consulta xa estaba na lista do g11n, pero é que coa 
miña conexión de 56k isto faise unha eternidade.

Reply via email to