O Venres 10 Abril 2009 14:50:56 Enrique Estevez escribiu:
> Non sei exactamente con que formato vai a localización de kde (os programas
> para kde que lle botei un ollo, pois ían con .ts).

Como xa che indicou Miguel, KDE vai co gettext do gnu. A comunicación faixe a 
través do proxecto trasno, e o xeito «recomendado» de xestionar os ficheiros é 
como se indica na páxina de kde en trasno.net (pero só para preguiceiros, xa 
se sabe que os tradutores de verdade saben centros de ordes da shell)


> Os responsables da tradución de KDE, tedes tamén memorias de tradución do
> que levades, ou .po ou ata .qhr (ou algo parecido que é o que hai que ir
> xenerando ao traducir os .ts), para poder empregar de base noutras
> localizacións.

E á parte de todo iso que dis, temos unha mala ostia..... vale, o que temos 
son moi bons programas para traducir, antes kbabel e agora lokalize, e con 
eles non fai falla ter de xeito independente a tm, constrúese localmente a 
partir dos ficheiros de tradución, que obterás seguindo as instrucións ás que 
se fai referencia en riba.
Ollo, precisas ter instalado no sistema o vcs subversion.

> Ao mellor xa existe algún lugar no que teñades todos eses recursos
> centralizados, se é así, alguén me pode pasar ligazóns a eses sitios.

Polo motivo exposto en riba, non as temos en ningures.
Pero como son así*, vouche mandar un TMX con tooooooooooooooooooooooooooodo
o de KDE, pero mándocho nun outro correo, que se non eses 56K non han dar 
feito.

* En realidade é que quería probar a ver se funcionaba o de exportar a TMX de 
lokalize.

Responderlle a