Méixome escribiu:
> Quixera tratar este termo. Na miña opinión debemos corrixir as 
> traducións realizadas porque se trata dun exemplo clarísimo de "falso 
> amigo" ou ben dun calco do inglés, un barbarismo.
> 
> En -> gal
> 
> command -> orde
> squad/commando -> comando
> 
> Así, no glosario inglés-galego que, recordemos, era descritivo do que 
> hai nas traducións, temos que
> 
> run command    <>    executar comando
> sql command    <>    comando SQL
> command    <>    comando
> command line options    <>    opcións de liña de comandos
> command to execute    <>    comando que será executado    comando para 
> executar
> unknown command    <>    comando descoñecido
> command line    <>    liña de comandos
> 
> Agora é xa o momento de facerlle dar un paso máis a ese glosario inicial 
> e pasar a tratar terminoloxicamente as palabras. Empezo con esta porque 
> me xurdiu o exemplo ultimamente demasiadas veces.
> 
> Paréceme importante que distingamos entre traballar con traducións 
> (mellores ou peores) e falar de termos. Un termo ten que ir 
> inexorabelmente asociado a unha "noción". Para esa noción, sé é 
> especializada nun ámbito determinado, só pode haber unha forma 
> equivalente. Por outro lado os termos combínanse para producir un 
> enunciado e de aí poder xurdir dúas estruturas: unidades terminolóxicas 
> complexas (UTC) ou ben fraseoloxía (que combina termos e palabras comúns 
> nunha secuencia frecuente e máis ou menos fixa)
> 
> Por iso hai que distinguir nos exemplos anteriores entre os casos de 
> "command line"  "command to execute", UTC o primeiro e frase o segundo. 
> No primeiro caso só pode haber un equivalente mentres que no segundo 
> pode haber varias válidas)
> 
> Se concordamos en que comando é unha tradución tan incorrecta
> 
> Termo
> "In computing <http://en.wikipedia.org/wiki/Computing>, a *command* is a 
> directive to a computer program acting as an interpreter of some kind, 
> in order to perform a specific task...Specifically, the term /command/ 
> is used in imperative 
> <http://en.wikipedia.org/wiki/Imperative_programming> computer languages 
> <http://en.wikipedia.org/wiki/Computer_language>." (Wikipedia)
> 
> Se o seu uso é un "modo imperativo" coma na linguaxe natural é evidente 
> que o seu valor é de establecer ordes, un mandato.
> 
> command - orde
> 
>     UTC
>     command line - liña de ordes
>    
> Frases
>     command to execute - orde para/que executar (sen entrar agora se 
> executar é unha tradución aceptábel para execute e o problema con run 
> command)
>     run command
>     sql command
>     unknown command
>     command line options
> 
> En portugués parece optarse por "instrução", mentres en castelán se opta 
> polo calco directo do inglés; en catalán é "ordre"; en francés tamén os 
> tradutores de Oo.org e Gnome optaron por "commande"... vamo, que non hai 
> homoxeneidade que respectar na nosa contorna. Debemos decidir por nós 
> mesmos.
> 
> En resumo, desde o p.d.v. lingüístico é evidente que a forma máis 
> adecuada sería "orde" pero de nada vale se os tradutores de software non 
> nos concertamos en aplicala de modo sistemático porque iso significa que 
> non somos quen de fixar a terminoloxía informática en galego. Se nos a 
> adoptamos como tradución na "norma técnica" da localización de software, 
> logo poderá vir unha sanción oficial que a convirta en tradución 
> obrigatoria e nun termo estábel. Se adoptamos a estratexia do calco do 
> inglés (comando, con valor de orde) estariamos facendo traducións 
> incorrectas (discutíbeis permanentemente) desde o punto de vista do 
> galego e habería que esperar, décadas, a que a RAG recollese e asumise o 
> valor de "orde" na palabra <<comando>>. Na situación sociolingüística do 
> galego non pode haber comparación entre o que se fai en español ou en 
> francés co que debemos facer en galego.
> 
> RAG
> *comando*/s.m./ *1*. /Mil./ Mando militar./ O comando dun navío de 
> guerra./ *2*. /Mil./ Tropa constituída por un pequeno grupo de soldados 
> escollidos para facer incursións ou outras misións especiais en 
> territorio inimigo. /Os comandos creáronse na II Guerra Mundial.
> 
> Espero ter exemplificado a intención fundamental deste correo que non é 
> a discusión sobre "command" senón contribuír a crear unha metodoloxía, 
> uns criterios de debate en terminoloxía da localización, e dar ese paso 
> adiante que nos falta.
> 
> Non quero xerar un debate estéril e moito menos descualificar o moito 
> andado pero honestamente considero que o tradutor debe aspirar a ser 
> invisíbel para o usuario do seu traballo e iso só se pode facer cando as 
> solucións son recorrentes e culturalmente adecuadas.
> 
> Antón Méixome
> 
> /
Concordo.

> 
> 
> 
>  
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 

Reply via email to