2009/4/15 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>: > Grazas Xabier > > Moi interesantes as referencias, hai que telas en conta neste caso. Agora > faise máis complicado decidir se optar polo calco ou pola revisión da > equivalencia. > > Na miña opinión, nin no Digalego (que se posiciona claramente como un > "precursor normativo" e hoxe por hoxe é o mellor dicionario en liña galego) > e aínda moito menos en Navegándomos hai unha xustificación ou reflexión > sobre esta tradución; a tentación do calco automático é moi alta pero > reitero que salvo en inglés o termo non está fixado. De onde saen estas > decisións do Digalego? > > Se buscades no TILG <http://www4.usc.es/TILG/index.asp> verás que non > aparece nin un só caso en que comando se refira ao ámbito informático, e as > referencias chegan ao 2002... > > Se buscas no Dicionario inglés-galego do SLI da Uvigo resulta que command > tanto pode ser orde, como mandato, mandamento, mando (mandar, esixir, > etc...) e commando só con sentido militar. > > *+ command*, orde /... >>>/ > <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=command&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta> > *+ commander*, comandante /... >>>/ > <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commander&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta> > *+ commanding*, autoritario /... >>>/ > <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commanding&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta> > *+ commandment*, mandamento /... >>>/ > <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commandment&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta> > *+ commando*, comando /... >>>/ > <http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commando&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta> > > No entanto queda clara a tendencia actual na localización de software... > pero que peso lle damos ás distintas fontes galegas para a reflexión sobre > terminoloxía? porque unha cousa é sacar unha tradución adiante e, cando > menos, procurar ser coherente no traballo e outra é "escribir" unha > terminoloxía. > > Admitir o calco sen pensalo un pouco máis, levarianos a estender este > procedemento, ao cal resultaría moi difícil poñerlle límites obxectivos... > > booting > botear ? > access > accesar ? > nomination > nominación? > advice > aviso ? > > Fixémonos en que cando o caso xa está perdido, como caché, xa resulta > intuitivamente evidente para todos, porque xa ninguén quere usar > "antememoria"; o caso de comando aínda non está nesa fase e por iso > pode/debe ser retomado. > > Xa digo, interesa establecer o distinto peso dos criterios e límites para > acordar unha terminoloxía. Sempre serán decisións cuestionábeis pero se > harmonizamos, documentamos e razoamos dificilmente volveremos sobre o xa > andado.
Eu penso que hai traducións que se chegaron a impoñer e case diria asentar (caso de comando, caché e pode que librería) aínda que non sexan as traducións máis axeitadas, e penso que xa case é irreversible. Iso de botear, accesar ninguén o usa. O de traducir advice como aviso é un false friend bastante claro. Respóndolle aquí abaixo a Miguel Bouzada: o open-Tran da web non devolve resultados reais, porque cando busca na base de datos limita o número de filas que se extraen da mesma, aínda que a verdade é que poucas veces falla aínda que os resultados reais non son nas mesmas porcentaxes. Ata logo, Leandro Regueiro