Non sei se para este caso se pode consultar o Dicionario inglés-galego do
SLI da Uvigo que, polo que vin, na súa maioría emprega contextos
literarios ou pouco relacionados co tema que nos interesa.
Aquí van máis referencias en canto ao termo "comando". Creo que antes de
precipitarse hai que consultar ben diferentes tipos de fontes fiábeis.

Dicionario Porto Editora (tanto en liña como en soporte papel):

  http://www.infopedia.pt/pesquisa?qsFiltro=14
        5.INFORMÁTICA palavra ou expressão que o computador interpreta
como uma ordem

Dicionario Collins Inglés-Español (en soporte papel):
        (Comput) orden f, comando m; command key tecla de comandos, command
language        lenguaje de comandos.

A continuación as referencias do Wordreference, que está baseado no
dicionario Oxford:

Wordreference de inglés a portugués, español, francés e italiano
  http://www.wordreference.com/enpt/command
        command (computers) comando sm
  http://www.wordreference.com/es/translation.asp?tranword=command
        (Comput) orden f, comando m
  http://www.wordreference.com/enfr/command
        (Comput) commande f.
  http://www.wordreference.com/enit/command
        command /k??m??nd/ n (also Comput) comando m

Paula

On Wed, 15 Apr 2009 17:53:03 +0200, Antón Méixome <meixome en mancomun.org>
wrote:
> Grazas Xabier
> 
> Moi interesantes as referencias, hai que telas en conta neste caso.
> Agora faise máis complicado decidir se optar polo calco ou pola
revisión
> da equivalencia.
> 
> Na miña opinión, nin no Digalego (que se posiciona claramente como un
> "precursor normativo" e hoxe por hoxe é o mellor dicionario en liña
> galego) e aínda moito menos en Navegándomos hai unha xustificación ou
> reflexión sobre esta tradución; a tentación do calco automático é
moi
> alta pero reitero que salvo en inglés o termo non está fixado. De onde
> saen estas decisións do Digalego?
> 
> Se buscades no TILG <http://www4.usc.es/TILG/index.asp>  verás que non
> aparece nin un só caso en que comando se refira ao ámbito informático,
> e
> as referencias chegan ao 2002...
> 
> Se buscas no Dicionario inglés-galego do SLI da Uvigo  resulta que
> command tanto pode ser orde, como mandato, mandamento, mando (mandar,
> esixir, etc...) e commando  só con sentido militar.
> 
> *+ command*, orde /... >>>/
>
<http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=command&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commander*, comandante /... >>>/
>
<http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commander&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commanding*, autoritario /... >>>/
>
<http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commanding&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commandment*, mandamento /... >>>/
>
<http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commandment&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> *+ commando*, comando /... >>>/
>
<http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=commando&lingua_busca=en&tipo_busca=exacta>
> 
> No entanto queda clara a tendencia actual na localización de software...
> pero que peso lle damos ás distintas fontes galegas para a reflexión
> sobre terminoloxía? porque unha cousa é sacar unha tradución adiante
e,
> cando menos, procurar ser coherente no traballo e outra é "escribir"
> unha terminoloxía.
> 
> Admitir o calco sen pensalo un pouco máis, levarianos a estender este
> procedemento, ao cal resultaría moi difícil poñerlle límites
> obxectivos...
> 
> booting > botear ?
> access > accesar ?
> nomination > nominación?
> advice > aviso ?
> 
> Fixémonos en que cando o caso xa está perdido, como caché, xa resulta
> intuitivamente evidente para todos, porque xa ninguén quere usar
> "antememoria"; o caso de comando aínda non está nesa fase e por iso
> pode/debe ser retomado.
> 
> Xa digo, interesa establecer o distinto peso dos criterios e límites
> para acordar unha terminoloxía. Sempre serán decisións cuestionábeis
> pero se harmonizamos, documentamos e razoamos dificilmente volveremos
> sobre o xa andado.
> 
> Antón
> 
> xabier escribiu:
>> -------------------------------------------------------------------
>> Digalego:
>> comando:
>> < ingl command
>> -1 s m INFORM Orde dada ao ordenador para que realice unha acción
>> determinada.
>> -2 s m INFORM Tecla que se acostuma empregar soa ou en combinación con
>> outras co obxecto de que un ordenador execute unha operación
>> determinada.
>>
>>
>> port: comando automático
>> cast: comando
>> ingl: command
>> alem: Befehl
>>
>>
>>
>> ----------------------------------------------------------
>> Navegandomos:
>> http://www.ciberlingua.org/pdf/navegandomos.pdf
>>
>>
>> 1    eitos a ter nos PCs) da máquina á que nos conectamos. Con esta
> consola
>> podemos executar programas e COMANDOS do sistema operativo, igual que
>> fariamos se tivesemos o ordenador remoto na nosa casa. IRC: O IRC é
>>
>> 2    de arquivos, tanto para collelos da Rede como para envialos. O que fai
>> o FTP é conectarnos mediante COMANDOS específicos cun PC remoto
>> (servidor) en que se aloxan programas xeralmente gratuítos, ou outro
>> tipo
>>
>> 3    uivos van estar comprimidos, pero o  4 WinRAR cobre case todas as
>> modalidades de descompresión. Os COMANDOS ou ordes FTP poden empregarse
>> directamente desde o MSDOS, pero dada a suposta dificultade desta
>>
>> 4     e solucionar as súas dúbidas (amosa-a-lingua), e unha rolda de
>> temática xeral (galego21-novas). Os COMANDOS de subscrición e baixa
> non
>> van no corpo da mensaxe, senón integrados no enderezo. Para
>> subscribírmo
>>
>> 5    nsaxe en cores seleccionando o texto co cursor, premendo
> ?Control+k? e
>> marcando a cor. c) No botón ?COMANDOS? temos opcións para
>> incorporármonos a outra canle (?Entrar á canle?), deixar a canle
> (?Saír
>> da canl
>>
>> 6    orreo e charlas en liña Daquela, ¿como creamos unha canle para os
>> alumnos? Se prememos no botón de ?COMANDOS? e logo en ?Entrar á
> canle?
>> teremos que poñer o nome dunha canle que non exista no noso servidor;
>>
>> 7    us? está un resumo das nosas operacións como administradores da
>> charla. Desde ?Status? podemos usar COMANDOS, por exemplo, para
>> incorporarnos a unha canle escribimos o COMANDO ?/join #cine?.
> Tamén
>> podemos usa
>>
>> 8    por exemplo, para incorporarnos a unha canle escribimos o COMANDO
>> ?/join #cine?. Tamén podemos usar COMANDOS desde a xanela dunha
> canle
>> para facer o que xa vimos: un exemplo, a opción de botar fóra a
> alguén
>> e
>>
>> 9    ha canle para facer o que xa vimos: un exemplo, a opción de botar
> fóra
>> a alguén escrita en forma de COMANDOS é ?/kick #cine alcume?. Se
>> decidimos montar unha charla vainos ser útil quedar cunha copia de todo
>>
>>
>> 10   reza un novo usuario na canle emite a mensaxe ?Antía, benvida ao
>> concurso de Xanela?). Hai scripts (COMANDOS ou programas) xa feitos,
> só
>> temos que introducirlles as variábeis que queiramos, é dicir, as
> mensax
>>
>> 1    devolve aquelas páxinas en que as palabras que buscamos non están
>> separadas por outras. Trátase dun COMANDO que non está operativo en
>> Altavista, igual ca noutros moitos buscadores. c) Frases É a
>> intersección
>>
>> 2     a partir da principal intente localizar a información que anda
>> buscando utilizando, por exemplo, o COMANDO ?host?.  4. A Internet
>> invisíbel Tamén chamada INFRANET. Está constituída por unha grande
>> cantidade
>>
>> 3    la. Desde ?Status? podemos usar COMANDOS, por exemplo, para
>> incorporarnos a unha canle escribimos o COMANDO ?/join #cine?.
> Tamén
>> podemos usar COMANDOS desde a xanela dunha canle para facer o que xa
>> vimos:
>>
>> 4    zar todas estas mensaxes o primeiro que hai que facer é crealas, e
>> logo facer o script (o deseño do COMANDO nunha linguaxe de
> programación,
>> coa orde exacta, que traducida á nosa linguaxe sería como dicirlle:
>>
>>
>>
>
---------------------------------------------------------------------------
>>
>> Ramón Flores:
>>
>
http://download1.planetmirror.net/pub/OpenOffice/contrib/dictionaries/README_gl_ES.txt
>> http://ramonflores.br.tripod.com/outros/Siglas.html
>> (facer busqueda comando)
>>
>>
>
---------------------------------------------------------------------------
>> Busca "linha de comandos"
>>
>> http://www.google.pt/search?hl=pt-PT&q=linha+de+comandos&btnG=Pesquisa
>> +do+Google&meta=lr%3Dlang_pt&aq=f&oq=
>>
>>
>>
>
.............................................................................
>>
>> ETC.
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> O Mér, 15-04-2009 ás 13:10 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>>
>>>> Concordo totalmente e, non sendo o caso de comand, como xa lle
> comentei en
>>>> persoa a Antón tratar de definir os termos por contexto cando sexa
> preciso.
>>>>
>>> Non é por tocar o carallo, pero vou poñer as estatísticas que saco
> da
>>> base de datos do open-tran (da que non me fío moito, pero algo de
>>> certo terán):
>>>
>>> comando --> 712
>>> GNOME:  197
>>> Inkscape:  1
>>> KDE:  343
>>> OpenOffice.org:  139
>>> SUSE:  23
>>> XFCE:  9
>>>
>>> instrución --> 12
>>> XFCE:  12
>>>
>>> orde --> 7
>>> Debian Installer:  1
>>> GNOME:  4
>>> KDE:  1
>>> SUSE:  1
>>>
>>>
>>> A ver canto tempo nos leva cambiar todo.
>>>
>>> Ata logo,
>>>                     Leandro Regueiro
>>> _______________________________________________
>>> G11n mailing list
>>> G11n en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
> 
> 
> --
> Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org
> Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
> Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a