________________________________

De: g11n-bounces en mancomun.org en nombre de Leandro Regueiro
Enviado el: mié 15/04/2009 18:00
Para: g11n en mancomun.org
Asunto: Re: [G11n] command



> Se nos fixamos na publicidade está xa imposto o uso de "testar", bueno, pois
> negome por moi imposto que esté.

Sempre me chamou a atención de pequerrecho, pero pareceme que
ultimamente tenden máis a usar comprobar ou probar...

> Sobre os falsos amigos, o caso de comando tamén o é, porqué nuns casos si e
> noutros non?. debo dicir que eu, incluso en castelán emprego orde/orden.

Eu a verdade é que non vexo o falso amigo, pero tampouco me fixei moito.

> Canto se tardará en substituilo? pois tanto como se faga preciso e tampouco
> como se poida, pero que as cousas novas vaian ben feitas.
>
> Sempre recordo o que decian os vellos "o ben feito ben parece" outra cousa
> son as nosas limitacións, pero podendo, e sabendo, fagámolo ben.

Para facelo ben xa podiamos comezar por ter unha plataforma que fora
gardando tódolos comentarios xuntos, que imos abrindo fíos sobre a
mesma discusión cada ano porque non lembramos por que se decidiu que
era deste xeito ou do outro.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

"Para facelo ben xa podiamos comezar por ter unha plataforma que fora
gardando tódolos comentarios xuntos, que imos abrindo fíos sobre a
mesma discusión cada ano porque non lembramos por que se decidiu que
era deste xeito ou do outro."


E que vos parece crear unha wiki ou similar para termos que provoquen 
confusión? Non sei se xa existe algo parecido, pero podería de ser de utilidade 
algo como o Diccionario Panhispánico de Dudas (http://buscon.rae.es/dpdI/) 
aplicado a termos informáticos.

Saúdos,

Lucía

PS Baixei o Pidgin para Windows mais a versión galega non está dispoñible 
http://sourceforge.net/projects/pidgin/.


------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/ms-tnef
Tamaño     : 5315 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090415/46da9112/attachment.bin
 

Responderlle a