Eu non podo ir durante a semana. Talvez os estudantes si, porque poden faltar 
ás aulas, mais eu non podo faltar ao traballo. A partir da tarde do venres si, 
é-me igual se son dous dias ou un.

Xosé


On Friday 10 October 2008 10:11:13 Mar Castro wrote:
> Boas de novo.
>
> Ante a estupenda acollida e resposta que tivo a miña proposta, :'(
> vouvos facer chegar a de Suso, a ver se esta vos gusta máis e agora
> responde alguén. :-)
>
> A proposta de Suso é o _Xoves 30 de Outubro de 12:00 a 14:00 e de 16:00
> a 18:00_ cunha pausa para comer xuntos.
>
> Por favor, dado que non hai moito tempo, e que está o evento de Málaga
> por medio, gustaríanos concretar isto canto antes para poder xestionar a
> aula, o restaurante ...
>
> Se podedes responder durante esta fin de semana indicando se podedes
> asistir nesa data e en caso contrario propoñendo outra data e/ou
> horario, o luns poderemos xa ver se hai quorum, se hai consenso para
> outra data mellor e traballar sobre as vosas propostas.
>
> Un saúdo e boa finde.
>
> > Boas,
> >
> > efectivamente, alguén dos que viven ou traballan en Lugo, ou teñen
> > estudado alí coñece algunha aula ou lugar da USC onde poidamos levar a
> > cabo o noso encontro? mvillarino propoñía a politécnica ou a
> > biblioteca, pero sabe alguén se dispoñen de un espazo axeitado?
> >
> > Por outra parte, podemos empezar tamén a concretar a data do encontro,
> > se vos parece. A idea que se nos ocorreu para encadrar este "Segundo
> > encontro de galeguización - g11n" é a festividade do primeiro de
> > novembro, dado o número de celebracións con especial tradición na
> > cultura popular galega que coinciden nese día(O Samaín, o Magosto...)
> > e por buscarlle algunha explicación :-) E antes de que me tiredes
> > pedras por privarvos da ponte, seguido lendo por favor  :-)
> >
> > A nosa proposta é facelo o _30 de outubro pola tarde _ou ben o _Venres
> > 31 de outubro pola mañá_. En función da vosa dispoñibilidade
> > (traballos, estudos...) e as vosas preferencias e posibilidades para
> > logo poder ter unha comida/cea de confraternización.
> >
> > Dado o tempo de que dispoñemos pediríavos unha resposta o máis áxil
> > posible.
> >
> > Saúdos
> >
> >> Dacordo, dou aviso entón pra mirar de xestionar algo a través da USC no
> >> campus de Lugo. Se alguén coñece a alguén ou o que sexa que poida
> >> facilitar as xestións só avisade.
> >>
> >> Algún requerimento para o lugar da reunión? Algunha instalación da USC
> >> especialmente adecuada/interesante? Que falen os de Lugo! :-)
> >>
> >> Saúdos,
> >>
> >> mvillarino escrebeu:
> >>> 2008/10/7  <suso.baleato en xunta.es>:
> >>>> Boas,
> >>>>
> >>>> Como no anterior g11n decidiramos facer o tema en compostela
> >>>> pospoñendo Lugo para a seguinte ocasión, e as datas semellan apuntar
> >>>> á primeira semana de novembro, pregunto onde poderiamos facelo?
> >>>
> >>> En atención ás datas suxeridas, eu aconsello realizalo nalgunha das
> >>> casetas do San Froilán. No "Fonsagrada" fan un cocido interesante,
> >>> pero non sei como vos explicar onde está (por baixo do que foi local
> >>> de Alto Minho, xunto ás Fontiñas)
> >>>
> >>> Bromas á parte, o ideal sería nalgún local da usc dentro do campus,
> >>> por iso do aparcamento.
> >>> A politécnica ou a biblioteca son lugares cos que é difícil
> >>> perderse.
> >>>
> >>>> Paréceme que era mvillarino quen propoñía Lugo na anterior
> >>>> ocasión,
> >>>
> >>> Pozí
> >>>
> >>>> a Xunta o custe dunha comida e/ou unha cea por exemplo,
> >>>
> >>> Vid supra. Eu no da cea non o teño tan claro, seguro que a muller quer
> >>> ir tamén aló (ás Termas), e ha querer cear e ver unha película no
> >>> centro comercial... para as copas tampouco podo ser de grande axuda:
> >>> levo un lustro, sen coñas, sen sair polas noites. Daquela,
> >>> acostumábamos ir ao Campo Castelo (ao ben folkdido et al.), e pola
> >>> zona de viños, onde había unhas tapas de agárrate.
> >>>
> >>> Nisto hanvos ser de máis utilidade ou Antonio ou D'as Seixas, que este
> >>> é de Lugo.
> >>>
> >>>
> >>> --
> >>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscribe en trasno.net.
> >
> > --
> > Mar Castro Pereiro
> > Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
> > Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
> > Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113    <mar.castro @ mancomun.org>
> >
> >
> >
> >
> > ------------------------------------------------------------------------
> >
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a