Retomando este tema, as cousas están así.

- Só houbo reposta de 6 persoas.
- A maioría non pode ir por semana e prefiren o sábado. Algunha xente 
menciona a posibilidade do Venres pola tarde.
- Proposta de facelo en Lugo feita por mvillarino en Maio. Nas dúas 
primeiras semanas de novembro non pode asistir. Alguén máis prefire Lugo 
a parte de mvillarino?
- Problema do Sábado 1 é que ao ser festivo a universidade está pechada.

Posibilidades:
- Venres 31 de Outubro en Lugo / Santiago
- Sábado 7 de Novembro en Lugo / Santiago

Nova rolda de votacións :-)
A ver se hai máis quorum desta vez. Por certo, as empresas que están 
dadas de alta nesta rolda non se teñen pronunciado ao respecto.

Saúdos


> On Fri, Oct 10, 2008 at 5:31 PM, Xosé <xosecalvo en gmail.com> wrote:
>   
>> Eu non podo ir durante a semana. Talvez os estudantes si, porque poden faltar
>> ás aulas, mais eu non podo faltar ao traballo. A partir da tarde do venres 
>> si,
>> é-me igual se son dous dias ou un.
>>     
>
> O dito por moitos outros, prefiro pola fin de semana. Ademais sería
> interesante que fora toda a xente que puidera.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Mar Castro Pereiro                                                      
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113    <mar.castro @ mancomun.org>



------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081014/9860972c/attachment.htm
 

Responderlle a