Alguns comentarios, evitando repetir outros comentados anteriormente e cos que 
coincido (ou non):

Efectivamente, falta unha xustificación do que pretende (o "prólogo" está 
baleiro). Suso xa o mencionou na reunión: é un manual interno de Mancomun - e 
así o deberiamos ver os demais: non son A Academia e non teñen poder 
normativo, mais a existencia deste manual é un paso adiante. Podemos estar a 
favor ou en contra das opcións que propoñen (podería estar máis presente este 
concepto en todo o manual, con expresións como "optamos por..." etc.) e facer-
lles caso ou non, pero penso que está chamado a ser unha referencia 
importante.

A parte de terminoloxía técnica debería estar máis desenvolvida. Non fica 
clara a relación entre LISA e OSCAR e PETER (perdón, este é de broma ;-).

No do cuarto principio, habería que xustificar por que se salta a este e non o 
1º, 2º e 3º. (probabelmente os asíduos comprendemo-lo, mais non alguén que 
veña novo).

En Criterios de estilo:
Traducións dos verbos modais: Vexo unha diferencia pragmática clara entre 
"Garde os datos antes de continuar co seguinte paso" (obrigatorio) e "Debería 
gardar os datos antes de continuar co seguinte paso" (consello, como "faga 
unha copia antes de formatar o disco").

Tradución das formas terminadas en -ing:
Di "No seguinte tipo de frases" - que tipo de frases?? e "Porén, nas 
situacións en que se describen as accións que se están a realizar mantense o 
xerundio" - Por que?

Usos da pasiva
Outra posibilidade, en activa: "O asistente [xa] engade as ligazóns 
automaticamente".

Utilización do infinitivo flexionado
Eu subliñaria os suxeitos a que se refire, por claridade.

Di: "Un pequeno truco sería eliminar o eventual _que_ dunha tradución como..." 
- truco para que? Hai-no que explicar.

Falta tamén un apartado sobre a posición dos pronomes nas perífrases de 
infinitivo.

As referencias sobre aspectos técnicos están algo mesturadas ou mal descritas, 
como o "dicionario" de trasno, que só é un glosario ou o dos proxectos de 
tradución de KDE e Gnome, que non sei que orde seguen.

Xosé

Responderlle a