Outra cousa que me esquecia, na táboa da páx. 14 o Poedit si que ten
corrector ortográfico, polo menos no linux. Creo que é o aspell (mirei
o venres durante a xuntanza e non me lembro moi ben).

Respecto da idea de varios glosarios diferentes, que se poderian
activar ou desactivar nun panel do programa de escritorio, paréceme
ben. Isto tamén enlazaría ca miña proposta dun PFC de servidor xestor
de Terminoloxía, ó estilo do servidor de Memorias proposto por Fran
Diéguez, que servira os datos ás diferentes aplicacións, e permita
importar e exportar en formato TBX (estándar ISO), ademais de ter unha
interface estilo open-tran.

Ata logo,
                   Leandor Regueiro

Responderlle a