2008/11/3 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
> 2008/11/3, Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> Respondo sobre o de Miguel porque a outra xente queixouse menos :)
>
> Sangue!
>
>> Eu penso que a idea é aplicalo a novos termos que producen problemas.
>>  A maioría dos casos non hai nada que discutir, ainda que sempre hai
>>  ámbitos problemáticos (GIMP ou Inkscape).
>
> Canto maís matino acerca dos glosarios, maís me gosta a idea de ter
> varios á vez: un dicionario bilingüe xenérico, outro para os termos
> informáticos máis xerais e outro especializado segundo o tema: imaxe
> dixital, buromática, redes, etc.
> Como mínimo definir este ámbito explicitamente na entrada do glosario.
>
>>  Na páx. 42 aparece "caixa de diálogo" coma tradución de "dialog", que
>>  eu sempre traducín coma "diálogo". O resto da xente como o fai?
>
> Penso que coma ti.
>
>>  Na páx. 44 usades 'escalar' e non 'redimensionar', por que?
>
> Eu non sei o porque eles empregan empregan "escalar". Eu o que non
> emprego é "redimensionar", prefiro mudar o tamaño, e para casos máis
> "técnicos", escalar (a homotecia).
>
>>  Na páx. 46, arredondao existe?
>
> Arredondar é tornar redondo, algo parecido a facer un chaflán, pero
> con curvaturas.
>
>>  Na páx. 48 vexo 'trabalho'?? Máis abaixo en vez de 'precísase dunha
>>  aplicación' eu teria posto 'precísase unha aplicación', e no exemplo
>>  seguinte poñedes 'aparece no círculo' cando o que diria toda persoa
>>  normal seria 'no círculo apare'.
>
> O de se é precisar ou precisar + de non cho sei, pero parece que me
> gosta máis coa preposición (e empregaría programa no canto de
> aplicación).
>
>>  Na páx. 49 vexo 'créanse con base nunha táboa' que eu teria traducido
>>  coma 'créanse a partir dunha táboa'. Máis abaixo vexo 'marcos da
>>  animación'. Eses marcos, non sei se no mundo da animación ou da
>>  televisión lle chaman doutro xeito, son 'fotogramas'.
>>
>>  Na páx. 50 leo 'exixen'. Ese corrector, canta falta nos fai!!!!
>
> ????? Pois eu quedo tan ancho exixindo respirar oxíxeno (digalego.com)

Dame a min que me estou quedando descolgado.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a