Fran Dieguez (GLUG) escribiu:
> Tes que marcar o código empregando a libraría gettext, aquí tes un 
> pequeno tutorial 
> http://www.mclibre.org/consultar/php/lecciones/php_gettext.html sobre 
> como marcar e aquí a documentación da libraría http://es.php.net/gettext.
> 
> Saudañas, e por certo Google para estas cousas vai moooooooi ben.
> 
> Minhoca escribiu:
>> Alguén sabe como podo xerar un arquivo PO dun arquivo php coa seguinte 
>> estructura:
>>
>> define('Nome_da_etiqueta', 'Texto a traducir');
>>
>> Obrigado.
>>   

Obrigado. De verdade que botei horas e horas procurando información en 
google, pero nunca fixen isto e ando moi perdido.

Ben. Seguindo esas instrucións fun quen de xerar o PO. Pero agora non 
sei como facer o inverso.

No arquivo fonte engadín as etiquetas do que hai que traducir. Despois o 
Poedit xerou o arquivo PO. Traducin. E agora non atopo o xeito de 
invertir o proceso, nin co poedit nin co kbabel.

Que fago?

Sinto dar o coñazo. Como dixen antes botei horas procurando información 
e inda non me situo.

Estiven vendo tamén o pdf que aportou no G11n Juan Rafael Fernandez, 
pero con el non atopo o xeito de facer o paso inverso cun arquivo fonte 
coa estructura que mencionei ("define").

> 

-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a