O Xov, 15-05-2008 ás 13:27 +0200, Minhoca escribiu:
> Pendente de probar as ligazóns que achega Xabier e Susana, respecto do 
> dito por Leandro e Fran o problema está en que para o caso que me ocupa 
> é preciso meter as cadeas traducidas no arquivo orixinal php.
> 
> Seguín o metodo de Fran metendo uns códigos que o poedit os entende para 
> xerar o arquivo po. Vexo que o propio poedit xera un arquivo mo.
> 
> Pero agora é preciso substituir o traducido no arquivo fonte.
> 
> Prego disculpas pois eu son un militante da lingua, e non un experto 
> informático.
> 
Non te preocupes :-P nos tamén tiñamos as mesmas dúbidas (e o de ser
persoas expertas, pola parte que me toca, é moito dicir).

Primeiro extraes, pero despois, como volves a meter o código???

Paseime unha tempada mirando cousas relacionadas con expresións
regulares (pode ser unha alternativa nestes casos?????????) 
http://www.regular-expressions.info/tools.html
http://en.wikipedia.org/wiki/Regular_expression
para a creación de scrips que puideran automatizar este tipo de procesos
mentras Gonzalo filtraba a rede (o que diu o listado que se enviuo
antes).

Ao final, tal e como se comentou anteriormente, decidimos utilizar Gedit
con resaltador de sintaxe para traducir o Sugar CRM e non liarnos máis.
Supoño que agora estamos no momento de compartir as experienias e tentar
sair do bucle.


Saúdos.



Responderlle a