Moitisimas grazas Suso. Por fín.
unha forte aperta e adiante
mariano

El día 23 de mayo de 2008 14:32, <suso.baleato en xunta.es> escribió:

> :-)
>
> suso.baleato en xunta.es escrebeu:
> >
> > > - Rectificar nos próprios medios as informacións verquidas neles
> > >   citando a resposta de Nitot tanto no correo como no seu blogue.
> > >
> >
> > Tomei dúas iniciativas para isto:
> >
> > 1. Nota de prensa de rectificación. A estratéxia consiste en tratar de
> > conseguir que a própria Consellaría de Innovación e Indústria emita unha
> > nota de prensa dando conta distes feitos oficialmente. Para logralo,
> > estiven até agora xestionando iso. A idea é que se difunda á mañá; creo
> > que hai posibilidades, pero prefiro non ser optimista cando a burocrácia
> > está por medio. Saberémolo mañá. Se non sae mañá insistirei para que
> > saia a semana que ven.
> >
>
> Conseguido: xunto a nota de prensa que a Consellaría está difundindo aos
> meios nistes momentos.
>
> > 2. Reportaxe. Por se falla o da nota de prensa, ter algo que poidamos
> > sacar dende Mancomún que quede durante a fin de semana e que poidades
> > chuzar, copiar e replicar nos vosos blogues, webs e tal. O que fixen
> > foi coller a última versión da reportaxe que estaba elaborando Irene
> > sobre g11n, e facerlle unha 'adaptación', facendo referéncia a este tema,
> > en plan autobombo of course, que para mala sangre a que nos poñen sen
> > comelo nin bebelo. A ver qué vos parece.
> >
>
> Feito: acabamos de publicar a reportaxe na web de mancomun.
>
>
> http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/traducindo-software-ao-galego.html
>
> Agora compre darlle toda a difusión que poidamos a este tema.
>
>
> --
> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080523/0b248d7f/attachment.htm
 

Responderlle a