Mar Castro escribiu:
> Ola a todos.
> 
> Envíovos (é que Irene hoxe non está ) unha nova versión da reportaxe 
> anterior (O contido é o mesmo, só ten correccións de erros tipográficos 
> ou ortográficos)
> 
> Un saúdo a tod en s
>> suso.baleato en xunta.es escrebeu:
>>
>>   
>>> - Rectificar nos próprios medios as informacións verquidas neles 
>>>   citando a resposta de Nitot tanto no correo como no seu blogue.
>>>
>>>     
>>
>> Tomei dúas iniciativas para isto:
>>
>> 1. Nota de prensa de rectificación. A estratéxia consiste en tratar de
>> conseguir que a própria Consellaría de Innovación e Indústria emita unha
>> nota de prensa dando conta distes feitos oficialmente. Para logralo,
>> estiven até agora xestionando iso. A idea é que se difunda á mañá; creo
>> que hai posibilidades, pero prefiro non ser optimista cando a burocrácia
>> está por medio. Saberémolo mañá. Se non sae mañá insistirei para que
>> saia a semana que ven.
>>
>> 2. Reportaxe. Por se falla o da nota de prensa, ter algo que poidamos
>> sacar dende Mancomún que quede durante a fin de semana e que poidades
>> chuzar, copiar e replicar nos vosos blogues, webs e tal. O que fixen
>> foi coller a última versión da reportaxe que estaba elaborando Irene
>> sobre g11n, e facerlle unha 'adaptación', facendo referéncia a este tema,
>> en plan autobombo of course, que para mala sangre a que nos poñen sen
>> comelo nin bebelo. A ver qué vos parece.
>>
>> Saúde, 
>>
>> PS: ía enviar o odt, pero resulta que se sube ás 4 megas e o PDF queda en
>> 208K, así que así vai.

O nome de Tristan penso que está incorrecto, aínda que na nota de prensa 
penso que aparecía como Ninot, no seu correo aparece Nitot. ;-)

Responderlle a