Boas Leandro:
A min corríxeme ben
carballeira
dúas
dinosaurio (mal, non aparece no digalego) > dinosauro (aparece como 
correcto)
xentalla (tampouxo aparece no digalego)
acompaño algunhas capturas de pantalla
no gedit tamén corrixe correctamente.
mira a ver se pode ser cousa de guións, fíxate na captura do 
/usr/share/myspell teño os dous e mais outros que son ligazón.
Aínda que teñas o de mínimos instalado se pos o dicionario do OO o que 
estás a facer é sobrescribilo polo que iso no sería un problema (non sei 
se incluso sería recomendábel  instalalo para sobrescribir o .dic e 
.aff) no meu caso estaba instalado o paquete myspell-gl-minimos e ao por 
os ficheros sobrescribín.
Para o thunderbird nin sequera tiven que instalar o corector, xa o colle 
do sistema. A verdade co simple que era por a cousa a traballar... eu 
desde logo estouche moi ledo.
Saúdos


Leandro Regueiro escribiu:
> On Mon, Dec 15, 2008 at 2:57 PM, damufo <damufo en gmail.com> wrote:
>   
>> En teoría iso é o que hai que facer.
>> A min vaime ben, que palabras non che corrixe ben?
>>     
>
> Non é que me corrixa ben ou mal. É que me da por malas certas palabras
> que eu entendia que si que estaban ben. Agora non lembro exactamente
> todas, mais ben só unha: dame por boa "páxaro" e por mala "paxaro" e
> eu pensaba que era xusto ó revés (en castelán ó revés que en galego é
> a norma que usaba :)). Tamén tiña certo problema con algunha coma
> "dinosaurio" "carballeira" "xentalla" "dúas"... pero non lembro se era
> porque ma daba por mala ou por boa. Ademais fixen onte a proba de
> escribir unhas setecentas palabras e activar o corrector e penso que
> corrixia de mais, é dicir, penso que da por malas cousas que para min
> son correctas (ou iso penso, ainda que teño a dúbida e non viria mal a
> axuda dalguén que controle da última normativa).
>
> A todo isto lembro que na akademy probaras ou probara eu co teu
> corrector "oxixeno" "axexar" e "osixeno" "asexar" dando por boas as
> dúas primeiras e por malas as dúas segundas, o que concorda co que me
> da a min tamén.
>
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : thunderbird.png
Tipo       : image/png
Tamaño     : 71976 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081215/99b0a00c/attachment-0003.png
 
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : dicts.png
Tipo       : image/png
Tamaño     : 115005 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081215/99b0a00c/attachment-0004.png
 
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : gedit.png
Tipo       : image/png
Tamaño     : 26002 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081215/99b0a00c/attachment-0005.png
 

Reply via email to