Volvo enviar esta mensaxe que parece que non a enviara antes á lista.

> Non é que teña especial interese en seguir co tema, por iso non remito a
> mensaxe á lista, pero creo que non puxeches os arquivos no directorio
> correcto. No meu ubuntu, a ruta para os gl_ES.aff e gl_ES.dic (asegúrate de
> que sexan os do hunspell
> http://openoffice.mancomun.org/libreeengalego/Corrector/gl_ES-pack.zip) é
> /usr/share/myspell/ e non /usr/share/myspell/dict (que no meu ordenata nin
> sequera existe), teño as locales en gl e utf-8 como codificación de
> caracteres. Se cadra é preciso reiniciar, pero con iso xa debería rular o
> verificador co gedit.
> Tamén hai que ter instalada unha biblioteca do enchant (libenchant1c2a, creo
> que é).

Antes de nada volver dicir que teño Ubuntu 8.04 que creo que nin
sequera ven con enchant, creo, pero non estou seguro disto. Segundo,
poñendo os ficheiros eses no directorio que dixen o corrector rula no
gedit, e supoño que noutros sitios, pero no Poedit non, porque usa o
gtkspell e nesta versión de ubuntu o gtkspell depende do aspell. Na
última versión, segundo vexo na rede, o gtkspell depende de enchant, e
este á súa vez de aspell e de hunspell, polo que en teoria deberia
rular.

Por certo, os ficheiros saqueinos doutro lado pero seguro que son os
do hunspell.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a