> Aínda que teñas o de mínimos instalado se pos o dicionario do OO o que estás
> a facer é sobrescribilo polo que iso no sería un problema (non sei se
> incluso sería recomendábel  instalalo para sobrescribir o .dic e .aff) no
> meu caso estaba instalado o paquete myspell-gl-minimos e ao por os ficheros
> sobrescribín.
> Para o thunderbird nin sequera tiven que instalar o corector, xa o colle do
> sistema. A verdade co simple que era por a cousa a traballar... eu desde
> logo estouche moi ledo.

Eu en principio non toquei nada. O que fixen foi ir a
/usr/share/myspell/dicts e pegar ali os ficheiros que saquei do
arquivo .oxt (a extensión que ten os ficheiros do corrector)
sobrescribindo os xa existentes nese directorio. Non lembro ter usado
nin sequera o corrector no Openoffice dende que instalei (ainda que si
que o abrin para facer cousas con el) asi que supoño que me substituiu
a cousa. Hei probar a desinstalar todolos correctores para galego como
recomendastes.

Por certo, se hai que desinstalar correctores anteriores (o que é
aconsellable xa que os outros non cumpren a normativa actual) seria
aconsellable dicirlle a ese home que vai facer o paquete para Debian
que poña no paquete que substitue a tódolos correctores anteriores
para o galego. O mesmo haberá que facer en tódolos outros paquetes que
se poidan facer para estes ficheiros.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Reply via email to