>> Aínda que teñas o de mínimos instalado se pos o dicionario do OO o que estás
>> a facer é sobrescribilo polo que iso no sería un problema (non sei se
>> incluso sería recomendábel  instalalo para sobrescribir o .dic e .aff) no
>> meu caso estaba instalado o paquete myspell-gl-minimos e ao por os ficheros
>> sobrescribín.
>> Para o thunderbird nin sequera tiven que instalar o corector, xa o colle do
>> sistema. A verdade co simple que era por a cousa a traballar... eu desde
>> logo estouche moi ledo.
>
> Eu en principio non toquei nada. O que fixen foi ir a
> /usr/share/myspell/dicts e pegar ali os ficheiros que saquei do
> arquivo .oxt (a extensión que ten os ficheiros do corrector)
> sobrescribindo os xa existentes nese directorio. Non lembro ter usado
> nin sequera o corrector no Openoffice dende que instalei (ainda que si
> que o abrin para facer cousas con el) asi que supoño que me substituiu
> a cousa. Hei probar a desinstalar todolos correctores para galego como
> recomendastes.
>
> Por certo, se hai que desinstalar correctores anteriores (o que é
> aconsellable xa que os outros non cumpren a normativa actual) seria
> aconsellable dicirlle a ese home que vai facer o paquete para Debian
> que poña no paquete que substitue a tódolos correctores anteriores
> para o galego. O mesmo haberá que facer en tódolos outros paquetes que
> se poidan facer para estes ficheiros.

Ola. Collin e desinstalei todo o referente a corrector en galego (os
paquetes aspell-gl-minimos, wgalician-minimos, igalician-minimos,
myspell-gl-es) e despois peguei os ficheiros no
/usr/share/myspell/dict

Agora vai mais ou menos. Como teño a versión 8.04 de ubuntu o gtkspell
ainda depende só de aspell, asi que agora non teño ningún corrector de
galego no Poedit. Mirei na web e vin que na última versión de ubuntu o
gtkspell tamén depende de hunspell, así que supoño que rulará.

Dos paquetes que desinstalei o wgalician-minimos non sei para que é.
En teoría ten unha lista de palabras (6,1 MB ou máis de medio millón
de palabras en galego). Isto non sei se será realmente necesario para
o corrector novo. En caso de non ser necesario penso que será boa idea
facer que o futuro paquete "hunspell-gl" substitúa ós paquetes que
proporcionan outros correctores en galego anteriores.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Reply via email to