Boas,

Isto lembro que alguén xa o propuxo, pero as miñas habilidades co grep
non chegaron a tanto como para localizar a mensaxe e respondela seguindo
o fío.

Sen acritude para quen tivera a idea de poñerlle este nome á lista, na
miña opinión é absolutamente infame, dende o meu ponto de vista, ter este
nome de lista tan irracionalmente longo. Ademais o uso de guións baixos
xa ten causado máis dun problema coas codificacións de caracteres e os
Reply-TO. Non creo eu que iso sexa moi RFCicamente correcto.

Como sei de boa tinta que Javi Rial do equipo do CESGA atopou o xeito de
cambiarlles o nome ás listas do mailman de forma prácticamente
transparente para os usuarios... habería algunha obxección para cambiala a:

g11n en mancomun.org

?

Sería máis sinxelo de lembrar, non ten tildes nin caracteres extra c850
ou ASCII pelado, é ademais complementaría bastante ben o tema i18n/ l10n
para o caso galego.

Qué opinades? Facémolo?

En todo cso, polo menos deixar constancia de que concordo coa proposta aquela
de cambiarlle o nome a esta rolda.

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a