Boas:

En 2010/04/28 11:41, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Ola Damufo.
>
> Esas extensións desde onde as traduces. Traduces desde
> http://www.babelzilla.org?
>
Si.
>
> Contame un pouco do tema. Se van integradas co resto ou se ti te
> encargas de enviarllas directamente ao autor da extensión. Algo
> indagei, porque no seu momento estiven mirando de traducir a extensión
> do Zotero para o Firefox para mirar a súa integración co Bibus e o
> OpenOffice. Proxecto que está parado, por falta de tempo e que cando
> saca algo de tempo lle terei que enviar os termos específicos (coas
> capturas de pantalla) dese campo a directora da biblioteca da USC para
> ter unha tradución adaptada a eles.
>
> Eu teño conta en BabelZilla, pero non cheguei a traducir nada, xa que
> a extensión a estaba a traducir outra persoa e como me atopei co
> problema da terminoloxía, ahí quedou a cousa a espera de resolver ese
> atranco.
>
> Un saúdo.

Pois para min babelzilla está xenial, cada vez que hai unha nova versión 
(antes de saír) chégame un aviso de que foi modificado o ficheiro e que 
o revise. Accedo ao sistema, traduzo as cadeas pendentes, o resto está 
todo feito, e listo!. Podo tamén descargar os ficheiros e probalos en 
local... subilos...
O sistema tamén permite  subir traducións feitas en local... e todo isto 
cos ficheiros de tradución de mozilla (.rdf, .dtd, .properties).
Todo sen practicamente te coñecemento técnicos.
Eu penso que facilita moito a tradución.


>
> 2010/4/28 damufo<damufo en gmail.com>:
>>
>>
>> En 2010/04/28 00:13, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>
>>> Boas.
>>>
>>> Pareceme ben. Vai facer falta xente para facer todo tipo de accións.
>>>
>> Ah! dicir que tamén levo a tradución das extensións fireftp, reminderfox, 
>> e
>> importexporttools. Os dous primeiros para firefox e a última para
>> thunderbird.
>>>
>>> Colaboracións puntuais (ficheiros soltos e pequenos)
>>>
>>> ----------------------------------------------------------------------------
>>> Leandro
>>>
>>> Probas das traducións
>>>
>>> ----------------------------------------------------------------------------
>>> Damufo
>>>
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>>
>>>
>>> 2010/4/28 damufo<damufo en gmail.com>:
>>>>
>>>> Boas:
>>>> Eu supoño que como sempre colaborarei nas probas.
>>>>
>>>> En 2010/04/27 14:34, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>>>
>>>>> Ola a todos.
>>>>>
>>>>> Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que ía en
>>>>> inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a
>>>>> facerme cos procedementos.
>>>>>
>>>>> Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me
>>>>> activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a
>>>>> mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en
>>>>> darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora,
>>>>> estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a
>>>>> comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán
>>>>> para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles
>>>>> co seu grupo.
>>>>>
>>>>> Xa recibín algunha queixa con respecto a algunha tradución (de
>>>>> usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a
>>>>> tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que
>>>>> ben valía cun Sentímolo ou Sentímosllo (comentario de lingüistas). Que
>>>>> non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal
>>>>> do inglés sexa esa.
>>>>>
>>>>> De entrada quero saber quen vai a querer traducir no día a día e se
>>>>> vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos.
>>>>> Como sabedes hai varios produtos e así eu poder encargarme da parte
>>>>> técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode
>>>>> comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente.
>>>>> Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. É moi
>>>>> importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.
>>>>>
>>>>> Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo
>>>>> abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de
>>>>> traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial,
>>>>> que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben
>>>>> como organizou todo. Imaxínome que repartía o traballo entre a xente
>>>>> que quería colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el
>>>>> conseguía unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos
>>>>> tradutores.
>>>>>
>>>>> Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando
>>>>> en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo
>>>>> completado e que pasos me din que teño que facer.
>>>>>
>>>>> Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que
>>>>> compromiso pode asumir.
>>>>>
>>>>> Un saúdo.
>>>>>
>>>>> 2010/4/13 suso<suso.baleato en gmail.com>:
>>>>>>
>>>>>> Boas,
>>>>>>
>>>>>> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
>>>>>> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
>>>>>> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes,
>>>>>> como
>>>>>> xa fixen en GNOME e OpenOffice.
>>>>>>
>>>>>> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será
>>>>>> cousa
>>>>>> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio
>>>>>> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
>>>>>> medida en que poida axudalo.
>>>>>>
>>>>>> Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar
>>>>>> o
>>>>>> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non
>>>>>> era
>>>>>> Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou
>>>>>> Trasno,
>>>>>> non lembro cal dos dous era).
>>>>>>
>>>>>> É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é
>>>>>> individual;
>>>>>> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e
>>>>>> non
>>>>>> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real
>>>>>> Madrid
>>>>>> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén
>>>>>> pretenda
>>>>>> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
>>>>>> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
>>>>>> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
>>>>>> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra
>>>>>> organización.
>>>>>>
>>>>>> Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
>>>>>> Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non
>>>>>> vaia
>>>>>> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
>>>>>> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que
>>>>>> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e 
>>>>>> que
>>>>>> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
>>>>>> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización,
>>>>>> meterán
>>>>>> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por
>>>>>> que
>>>>>> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes
>>>>>> efectos
>>>>>> a única organización que existe é a Fundación Mozilla.
>>>>>>
>>>>>> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
>>>>>> correos onde me poñades en copia.
>>>>>>
>>>>>> Ánimo pois.
>>>>>>
>>>>>> Saúde.
>>>>>>
>>>>>> --
>>>>>> http://susinho.pagina.de/
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> Galician mailing list
>>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>>>
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a