Eu teño a barra webdevelopper traducida desde decembro de 2008, con
estado "released" pero non parece dispoñible por ningún lado. En local
si, claro, pero... ou falta algo ou non sei como sacala de aí.

http://www.babelzilla.org/index.php?option=com_wts&Itemid=264&type=filelist2&extension=3666&language=47

Por iso non seguín


2010/4/28 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2010/4/28 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>> Ola Damufo.
>>
>> Esas extensións desde onde as traduces. Traduces desde
>> http://www.babelzilla.org?
>>
>>
>> Contame un pouco do tema. Se van integradas co resto ou se ti te
>> encargas de enviarllas directamente ao autor da extensión. Algo
>> indagei, porque no seu momento estiven mirando de traducir a extensión
>> do Zotero para o Firefox para mirar a súa integración co Bibus e o
>> OpenOffice. Proxecto que está parado, por falta de tempo e que cando
>> saca algo de tempo lle terei que enviar os termos específicos (coas
>> capturas de pantalla) dese campo a directora da biblioteca da USC para
>> ter unha tradución adaptada a eles.
>
> Se isto vai de termos de bibliografía e iso pásamo a min tamén.
>
>> Eu teño conta en BabelZilla, pero non cheguei a traducir nada, xa que
>> a extensión a estaba a traducir outra persoa e como me atopei co
>> problema da terminoloxía, ahí quedou a cousa a espera de resolver ese
>> atranco.
>
> Os engadidos dos produtos de Mozilla que se traduzan tamén os
> deberiamos ter listados en http://galician.mozdev.org/ non credes? É
> máis, cando se vai actualizar dita páxina?
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
Leader of openOffice.org GL
http://gl.openoffice.org

Responderlle a