Boas:
Eu supoño que como sempre colaborarei nas probas.

En 2010/04/27 14:34, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Ola a todos.
>
> Suso xa fixo os trámites pertinentes co correo que vistes que ía en
> inglés. Eu xa me presentei aos responsábeis de Mozilla e agora estou a
> facerme cos procedementos.
>
> Xa comecei a intentar resolver algúns bugs que temos pendentes e xa me
> activaron algún servizo para traducir en liña. Nestes momentos estou a
> mirar as traducións desde Narro e Verbatim. A ver o que tardan en
> darme unha conta de Mercurial e podo mirar como vai todo. Por agora,
> estou como ben di Suso a falar con eles, darme a coñecer e que a
> comunidade me coñeza. Tamén iniciei contactos co grupo de castelán
> para ver se eles me poden axudar nestes inicios e saber como fan eles
> co seu grupo.
>
> Xa recibín algunha queixa con respecto a algunha tradución (de
> usuarios galegos que empregan Firefox). Podo dicir, que non gusta a
> tradución de Vaia, isto é vergoñoso. Algunhas persoas dixéronme que
> ben valía cun Sentímolo ou Sentímosllo (comentario de lingüistas). Que
> non era unha linguaxe nada aceptable por moito que a tradución literal
> do inglés sexa esa.
>
> De entrada quero saber quen vai a querer traducir no día a día e se
> vai poder facer cargo de proxectos enteiros ou de ficheiros soltos.
> Como sabedes hai varios produtos e así eu poder encargarme da parte
> técnica e da revisión, e sobre toda da coordinación. Quen se pode
> comprometer a facer cousas e quen pode axudar esporadicamente.
> Dependendo dos colaboradores, organizarase o traballo. É moi
> importante contar que hai uns prazos e hai que respetalos.
>
> Se ao final se pode traducir todo en liña (por web) ábrese un novo
> abanico de posibilidades. Eu estou investigando esta última forma de
> traducir, xa que vexo que ata o de agora, o peso o levaba todo Rial,
> que era el o que se encargaba de todo. Despois, Suso, non sei moi ben
> como organizou todo. Imaxínome que repartía o traballo entre a xente
> que quería colaborar, pero non sei que tempos vos marcabades e como el
> conseguía unificar os diferentes criterios e estilos seguidos polos
> tradutores.
>
> Por agora pouco máis que contar. Que eu estou traducindo e revisando
> en liña. Que a ver se me validan o traballo cando lles entregue algo
> completado e que pasos me din que teño que facer.
>
> Suxestións e sobre todo quen quere participar traducindo e que
> compromiso pode asumir.
>
> Un saúdo.
>
> 2010/4/13 suso<suso.baleato en gmail.com>:
>> Boas,
>>
>> Ven de contactarme Enrique Estévez, a quen escollestes para coordenar a
>> equipa de localización. Vou presentalo sen mais ao resto do equipo de
>> localización da Mozilla para que lle den as indicacións pertinentes, como
>> xa fixen en GNOME e OpenOffice.
>>
>> Con esto quedará dado o relevo oficialmente; a partir dahí xa será cousa
>> de Enrique ter mais ou menos éxito, polo que vos pido todo o voso apoio
>> para axudalo nesa tarefa. Pola miña parte facilitareille o proceso na
>> medida en que poida axudalo.
>>
>> Fágovos eso sí unha matización de certa importancia despois de repasar o
>> arquivo da rolda, xa que nalgún momento alguén dou a entender que non era
>> Enrique quen asumía a coordenación senón un dos dous grupos (g11n ou 
>> Trasno,
>> non lembro cal dos dous era).
>>
>> É importante que teñades claro que na Mozilla a participación é 
>> individual;
>> quen asume a coordenación, como calquera outra tarefa, son personas e non
>> organizacións. Outra cousa é que Enrique pertenza a g11n, ao Real Madrid
>> ou á CIG, eso a Mozilla dalle igual; o importante é que ninguén pretenda
>> suplantar á Mozilla como organización matriz: dende o momento en que
>> Enrique asume a coordenación pasa a integrarse dentro da Comunidade
>> Mozilla, e por tanto son as normas e os usos de Mozilla os que debe ter
>> en conta e non os da CIG, os de g11n/trasno ou calquera outra organización.
>>
>> Dígovos esto por que eu tardei *meses* en convencelos de que non era a
>> Xunta quen se facía cargo da coordenación, senón eu personalmente. Non 
>> vaia
>> ser que por falta de información metades a pata nesto. Igual a cousa
>> cambiou neste tempo pero non creo; mais non momento en que eu tiven que
>> integrarme esto era unha información importante que eu descoñecía e que
>> obstaculizou bastante o proceso. Se eles detectan calquera intento de
>> "apropriación" por parte de trasno ou calquera outra organización, meterán
>> o freno e non haberá xeito de avanzar. Espero ter sido claro nesto por que
>> insisto unha vez mais: é moi importante ter moi claro que a estes efectos
>> a única organización que existe é a Fundación Mozilla.
>>
>> Por último, lembrar que non estou na rolda, co cal só me chegarán os
>> correos onde me poñades en copia.
>>
>> Ánimo pois.
>>
>> Saúde.
>>
>> --
>> http://susinho.pagina.de/
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a