Ola.

O tema non é distribuír o traballo, senón saber como funciona mozilla
e como conseguir enviar as traducións. Ao longo do ano, porque xa case
vai facer un, estiven facendo méritos para conseguir unha conta de hg
e saber como se traballa con mozilla. Agora, fai menos dun mes
conseguín a conta. Iso, a primeira parte.

A segunda, é saber como xestionar o traballo e como vai ser a forma de
levalo a cabo, sendo eu o coordinador. Descoñezo como o facía Suso,
pero creo saber como o facía o anterior responsable, que traballaba en
Mancomun. Traducía el só (ou iso parece, co asesoramento do grupo de
mancomun e ás veces da lista), senón me equivoco co mozilla
translator, en local e despois enviaba ao repositorio.

Esta forma de traballar, se queremos colaborar todos, é inviábel
porque non teríamos homoxeneidade nas traducións, perderíamos un
estilo único que é o que levo intentando conseguir nas traducións dos
produtos neste tempo (que por certo, aínda non logrei) e
demostrándolle a mozilla como o quero facer eu, onde están os fallos e
conseguindo a súa confianza para obter a conta. Agora xa sei máis ou
menos como o faría eu, se todo o mundo está de acordo e senón, un ano
despois e lamentándoo moito, entre todos teremos que escoller outro
coordinador e que se volva a gañar o respeto e confianza da xente de
mozilla. Pero esto debate e a forma de organizar o traballo,
comentarase despois da saída de Firefox 4 a que esperemos que despois
dun ano de traballo, na que contei con toda a vosa axuda, teñamos
versión oficial en galego.

Como xa dixen, explicarei o método de traballo que creo que máis nos
pode axudar, que eu podo xestionar e que creo que é a mellor forma de
levar as traducións de mozilla sendo eu coordinador. Todos diredes que
vos parece e se estamos dacordo, seguirei na coordinación do equipo.
Senón, tocará buscar unha persoa que propoña unha forma de levar o
equipo máis ao gusto do grupo.

Un saúdo.



2011/3/9 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> Ola ifrit,
>
> Eu pensaba que o coordinador se tiña que encargar de repartir o traballo de
> tradución, revisión, co-xestión, etc. aos membros do grupo. Pensaba que o
> grupo funcionaba así, non que o coordinador fose o tradutor e o resto da
> rolda unicamente un consello asesor. Creo que non fai falta que haxa
> proxectos grandes para poder distribuír a faena.
>
> Saúdos, Manuel
>
>
> 2011/3/4 ifrit <ifrit en sonche.eu>
>>
>>
>> 2011/3/4 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>
>>>
>>> Perdón, queria dicir "palabras chave".
>>>
>>> No dia 4 de Março de 2011 20:11, Manuel Souto Pico
>>> <m.soutopico en gmail.com> escreveu:
>>>>
>>>> Prezada lista,
>>>>
>>>> Que teño que facer para revisar as palabras clave dos anexos do
>>>> Thunderbird?
>>>>
>>>> <image>
>>>>
>>>> Iso de que pense que me estou esquecendo do anexo porque vai a palabra
>>>> resumo no corpo do mail... é un pouco estraño.
>>>> O que si que está mal seguro é o Olvidou... , que sería Esqueceu.
>>>>
>>>> Saúdos e grazas.
>>>> Manuel
>>>> PS: Por certo, non teño tempo para seguir a lista pero sigo con vontade
>>>> de facer revisións, se me mandades cousas (non me chegou nada no último
>>>> ano).
>>
>> Ola Manuel,
>>
>> Non volvimos facer ningún traballo grande como aquel da páxina do Fennec e
>> por iso non houbo revisións para enviarche ;) Keko vai traducindo as cousas
>> que lle chega e pregunta na rolda as dúbidas que teña. Estamos pendentes de
>> probar outra forma de facer as traducións e da saída do FF4, pero de 
>> momento
>> é o que hai.
>>
>> Un saúdo.
>> ifrit
>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>
>>
>>
>> --
>> ====================
>> http://about.me/ifrit
>> ====================
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a