procesado

O luns, 15 de feb. de 2021 ás 09:44, Begoña C
(<dameunhaco...@gmail.com>) escribiu:
>
> Subject: Common Voice. Borrar a anterior
> To: <proxecto@trasno.gal>
>
>
> Bo día,
> Escribín cincuenta frases por se vos valían para o proxecto:
>
> 1.       Dime o que queiras
>
> 2.       Non son a única!
>
> 3.       Xa sabes o que che dixen
>
> 4.       Imos ou non ao cine?
>
> 5.       Despois da catro, antes non
>
> 6.       Sei o que me dixeches
>
> 7.       Érache bo o conto!
>
> 8.       Se non mo dis, que lle vou facer...
>
> 9.       Claro que o sei!
>
> 10.   Rápido, antes de que caias da cama!
>
> 11.   Non sei se é boa idea
>
> 12.   Non me rompas a cabeciña!
>
> 13.   Ás catro ao máis tardar
>
> 14.   Cando espertes, chámame
>
> 15.   Mañá heicho de dicir
>
> 16.   Corre, que vas perder o autobús
>
> 17.   Meu curmán tamén foi a ese instituto
>
> 18.   Cando mo dixeches, non mo podía crer
>
> 19.   Vaia paspán está feito
>
> 20.   Deicho porque quixen, non por facerche un favor
>
> 21.   Despois das nove, non o esquezas
>
> 22.   Ese día, caeume a alma aos pés
>
> 23.   Cinco días ao máis tardar
>
> 24.   Deume a risa, non o puiden evitar
>
> 25.   Por entón, era un pouco tímida
>
> 26.   Non saíu do armario ata ir á universidade
>
> 27.   Falaba galego só na casa
>
> 28.   Despois daquela, non quixo falar máis do asunto
>
> 29.   Acertaches, é talmente así
>
> 30.   Non me cantes as corenta en verso
>
> 31.   Chámame se queres, hei de estar na casa toda a tarde
>
> 32.   O seu irmán non sabía nada de nós
>
> 33.   Mantivo o tipo todo o que puido
>
> 34.   Non abriu en todo o día
>
> 35.   Tampouco fixo tanto frío
>
> 36.   Non sei de que te queixas
>
> 37.   Non foi boa idea
>
> 38.   Máis vale que saiamos xa ou imos coller o comercio pechado
>
> 39.   Canto rin ese día, non podía parar de rir
>
> 40.   Para chorar hai tempo, non imos laiarnos máis por hoxe
>
> 41.   Claro que cho dixen, moitas veces
>
> 42.   Si que me lembro, foi un flash para min
>
> 43.   Estiven a punto de romper os dentes, menos mal que me agarrei á varanda
>
> 44.   Cinco días ao ano, nada máis nin nada menos
>
> 45.   O día do teu aniversario podiamos ir á praia pola tarde
>
> 46.   Non podía máis coa risa
>
> 47.   Era verán, si que era verán
>
> 48.   Estou contenta de escoitarte, había tempo que non sabía de ti
>
> 49.   Si que te estou esperando
>
> 50.   Cando queiras, aquí estou.
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7306&h=6fd466595c3903e80fb60441522ac095183667d0&sa=258149286

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7308&h=66aa7fd3e3960a85032dbcec2015232c5712d1a0&sa=2146372251

Reply via email to