A verdade é que fiarse do criterio de quen di cousas como isto:
http://www.digatic.org/gl/node/5187
(a pesares das moitas veces que algúns lles temos pedido que o rectifiquen)
non me parece oportuno.

Por outro lado, un agregador viría sendo un «feed agregator», e dicir. a
aplicación ou programa, o «feed» segue sen terse en conta como «elemento
único e diferenciado doutro «feed».

Postos a substituír fonte/fonte de novas e proporía «alimentador» (ninguén
lembra o «paper feed» das impresoras

O xov., 18 de feb. de 2021 ás 21:36, pd (<eukel...@gmail.com>) escribiu:

>
>
> On Thu, Feb 18, 2021 at 6:58 PM Dani <d...@damufo.com> wrote:
>
>>
>> Polo que vin temos:
>>
>> GNOME: fornecedor, fluxo
>> KDE: fonte, fonte de novas, e mesmo como RSS
>> Xfce: semente
>>
>
> semente???  semente e seed non feed
>
>
>> Mozilla: fonte
>> Nextcloud: fonte, fonte de novas
>>
>> Microsoft tamén traduce como «fonte»
>>
>> Fluxo  tamén se emprega para «stream» (gnome, kde, xfce, nextcloud),
>> flow (kde)
>>
>> Sería posible empregar algo distinto a «fonte»  e «fluxo» para as Feed/s
>> (RSS)?
>>
>>
> eu prefiro empregar o termo orixinal cando é un termo xa introducido na
> xerga técnica e mesmo na fala común, e este é claramente o caso, polo tanto
> eu usaria simplesmente "feed" especialmente se se quere evitar sobrecargar
> os termos fonte e fluxo, xa sobrecargados dabondo.
>
> se queremos empregar un termo galego para non usar anglicismos (práctica
> xa común na informática) propoño tirar do ruralismo tan galego e empregar
> "penso" que é un dos significados da palabra inglesa feed (food for
> animals) ou "alimento" se non se quere ser moi animalista ou ruralista e
> prefirese usar unha metáfora menos especifica. Esta traducción ten a
> vantaxe de que casa moi ben con adxectivos e nomes no dominio semántico:
> alimento para lectores, alimento para consumidores de novas, alimento para
> sindicadores...
>
> saúdos
>
>
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7345&h=e8bb3aaae50f8ee3fbb03e25c17d4acc0a1ce199&sa=793352155
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7346&h=aa3f824c55d3225437c6c83e3d324d83c22390df&sa=20017010

Reply via email to