2010/5/25 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

>
> Sinceramente pregúntalle aos desenvolvedores. E se ves que tal
> pídelles que poñan comentarios para os tradutores e que se poden poñan
> frases máis fáciles de entender.

Debo dicir que, despois de ler a explicación que escribín onte,
atópolle máis sentido á cousa. O de poñer o razoamento por escrito
axudoume bastante. Parece que manter a estrutura da frase inglesa na
cabeza e darlle voltas para poñela en cristiano resultaba demasiado
para a miña escasa cabeciña...

>
>>> Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen estar moi
>>> convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía que non
>>> estabamos todos moi de acordo...
>>
>> Creo que xa se pode considerar consensual, aínda que inestable.
>
> Eu sigo sen aceptar iso. Para min "ruta" e "camiño" son cousas diferentes.

Eu tamén comparto o de "camiños hai moitos, ruta só unha". Se
queredes, pelexamos outro pouco. Aínda teño un par de días antes de
que se acabe o prazo...

> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a