Pero mira que estades obsesionados polos significantes:

> e como digo, canto máis explican a diferenza entra camiño e ruta máis
> entendo que, salvo excepcións moi concretas (como o caso de inkscape),
> falase dunha ruta.

NON EXISTEN TAIS EXCEPCIÓNS !!!!! O significado de "path" dentro dos
sistemas de ficheiros non é o mesmo que o de "path" no debuxo, e do
que se trata, até onde me chega o entender, é de oferecer
significantes galegos para os n significados que haxa, evitando na
medida do posíbel a polisemia e outras palabrotas da lingüística.

Isto quedaría mooooooooito máis evidente se:
a) Comezásedes a empregar o glosima (para o que foi parido)
b) Non perguntásedes a tradución dunha palabra. Isto é un erro. Debe
perguntarse pola tradución dun significado e acompañar isto da palabra
inglesa que significa tal cousa. Isto é, hai que molestarse en
procurar unha definición para a palabra en inglés.

> Nota: rota é un apócope do termo mariñeiro derrota,

Que por súa vez é o trazo que se fai sobre a carta. Sí, algo tanxíbel,
como camiño, pero moito máis molón. E si, xustamente algo así como o
que se deu en chamar ronsel nas páxinas web. Cousas da vida.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a