2010/5/28 Miguel Solla <brado...@gmail.com>
>
> Adrián, se chega a tempo, bótolle unha ollada esta noite mesmo. Só precisaría 
> saber unha cousa, se ademais dos comentarios modificaches algunha outra cousa 
> no código (na flexión verbal ou nos paradigmas de enclíticos ou nos lemas de 
> formas verbais no dicionario, non nas regras de suxestións que non interesan 
> tanto para o caso...).
>
> E só unha cousa máis, que non ten que ver co caso 
> (http://www.trasno.net/lurker/message/20091026.171157.a354c99a.gl.html), pero 
> que está relacionada: ESTOU ATA ... (AÍ) das sorpresas do Rial, porque xa vai 
> alá case ano e medio:
>
>
> Responder
> Reenviar
>
>
>
> Responder
> |
>
> Miguel Solla
>
>  para Javier, bcc: (SAL)
> mostrar detalles 01/02/09
> de Miguel Solla <brado...@gmail.com>
> para"Frco. Javier Rial" <fjr...@cesga.es>
> CCO"(SAL) Antón Méixome" <s...@avogacia.org>
> fecha1 de febrero de 2009 13:11
> asuntoRe: [Hunspell-gl-commits] r11 - trunk
> enviado porgmail.com
> ocultar detalles 01/02/09
> Antes de nada gustaríame pedirche desculpas por se nalgún momento non acertei 
> co ton adecuado nas miñas mensaxes. Se incomodan, non dubides en comunicarmo 
> (custa menos ficar calado que escribir unhas liñas que, se cadra, van ser mal 
> interpretadas por causa do rexistro que se empregue nunha mensaxe).
> Envíoche un documento anexo que é copia dun artigo que escribín para a 
> revista Linguamática (http://linguamatica.com/index.php/linguamatica). 
> Independentemente de que decidan publicar ou non o artigo, escríboche porque 
> neste documento está (por fin) a descrición do comportamento da revisión que 
> fixen da verificación da morfoloxía verbal galega con hunspell (lembras que 
> che comentei cando comezaba o Nadal que ía dedicar esa temporada á 
> revisión?). Parte da versión GPL e fíxose coa intención de que figurase nas 
> versións seguintes. Agradeceríache que considerases a súa inclusión, eu non 
> atopei o xeito de poder subir arquivos á forxa nin rexistrándome nin de 
> ningún outro xeito. Ademais do comportamento que se describe no artigo, 
> corrixíronse multitude de erros na morfoloxía flexiva: ando a cen este 
> tempada (supoño que coma todo o mundo), pero se che interesase e cun pouco de 
> paciencia, podería buscar exemplos de cuestións deste tipo que se corrixiron.
> Unha cousiña máis, que xa comentei con Antón hai uns días; despois de 
> fedellar con todo isto, particularmente co analizador morfolóxico de 
> hunspell, paréceme importantísimo que se acadase unha distribución do 
> myspell-gl-es cos arquivos de afixos e de dicionario que manexan OpenOffice, 
> Firefox... A razón é que se contásemos con esta distribución, calquera que a 
> instalase pasaría a ter verificación ortográfica no gedit, no poedit, no 
> lokalize... Non sei se está nas vosas mans, pero a verdade é que sería 
> realmente interesante.
> Só unha cousa máis, para que non teñas que chegar ao final do artigo para 
> saber onde están os arquivos coa revisión 
> http://webs.uvigo.es/miguelsolla/gl_ES.zip
> O código está comentado, mesmo morfoloxicamente para o analizador, pero os 
> comentarios xenéricos do arquivos de afixos precisan aínda dunha 
> clarificación maior, fareina co tempo.
> Envíolle tamén unha copia desta mensaxe ao "voso" lingüista.
> Unha aperta
>
> 2009/1/23 Frco. Javier Rial <fjr...@cesga.es>
> - Ocultar texto citado -
> Estes cambios como podes ver só se incluíron na versión de desenvolvemento 
> mentres que o noso lingüista analiza si son ou non admisibles no corrector.
>
> Polo de agora non foron propagados a ningures, até que non teñamos o visto bo.
>
> Cando teñamos todo revisado e validado, procederemos á creación dun novo tag 
> no svn e á propagación dos novos ficheiros  do corrector tanto para Mozilla 
> como OpenOffice.org etc...
>
> Graciñas pola información que será tida en conta para a revisión destos 
> termos.

Entón a cousa está así, segundo eu sei (corrixídeme se me equivoco):

Hai unha versión do hunspell-gl na forxa, e non parece que haxa
demasiado movemento. A pesar do que poña nalgunha mensaxe do lurker (
http://www.trasno.net/lurker/message/20091026.171157.a354c99a.gl.html
), e sempre segundo o que eu sei, a versión que se usa en Debian é a
da forxa de Mancomún, e de feito falarase co mantedor dos paquetes dos
correctores ortográficos para que fora eliminando o ispell-gl e o
aspell-gl (e non sei se o myspell-gl) en favor de hunspell-gl xa que
houbera un cambio de normativa e ademais este último estaba moito máis
completo.

Miguel Solla nalgún momento colleu o que había na forxa e fíxolle
modificacións que polo que comenta a xente melloraron moitisimo o que
xa había feito. Ditos cambios nunca volveron á forxa de Mancomún. É
máis, non sei se se lle terían feito cambios á versión da forxa
despois de que Miguel Solla tivera collido o que alí había, isto
cumpriría investigalo en caso de intentar xuntar todo.

Pasou o que pasou con Mancomún, e sinceramente non sei da man de quen
está agora a forxa. Non sei se o hunspell-gl da forxa o segue
actualizando alguén.

Se non me equivoco agora a xente quere xuntar as dúas versións nunha,
quere continuar mellorando esa nova versión unificada, e quere que se
espalle ás distros. Así que, que facemos? xuntamos todo de volta á
forxa de Mancomún? Xuntámolo pero noutro sitio (quizais en Trasno)?
Quen se vai ocupar de manter hunspell-gl?

Vós diredes. Pero é algo que sería bo aclarar canto antes.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a