Adrián, se chega a tempo, bótolle unha ollada esta noite mesmo. Só precisaría saber unha cousa, se ademais dos comentarios modificaches algunha outra cousa no código (na flexión verbal ou nos paradigmas de enclíticos ou nos lemas de formas verbais no dicionario, non nas regras de suxestións que non interesan tanto para o caso...).
E só unha cousa máis, que non ten que ver co caso ( http://www.trasno.net/lurker/message/20091026.171157.a354c99a.gl.html), pero que está relacionada: ESTOU ATA ... (AÍ) das sorpresas do Rial, porque xa vai alá case ano e medio: Responder Reenviar Responder | Miguel Solla para Javier, bcc: (SAL) mostrar detalles 01/02/09 deMiguel Solla <brado...@gmail.com>para"Frco. Javier Rial" <fjr...@cesga.es> CCO"(SAL) Antón Méixome" <s...@avogacia.org> fecha1 de febrero de 2009 13:11asuntoRe: [Hunspell-gl-commits] r11 - trunkenviado porgmail.com ocultar detalles 01/02/09 Antes de nada gustaríame pedirche desculpas por se nalgún momento non acertei co ton adecuado nas miñas mensaxes. Se incomodan, non dubides en comunicarmo (custa menos ficar calado que escribir unhas liñas que, se cadra, van ser mal interpretadas por causa do rexistro que se empregue nunha mensaxe). Envíoche un documento anexo que é copia dun artigo que escribín para a revista Linguamática (http://linguamatica.com/index.php/linguamatica). Independentemente de que decidan publicar ou non o artigo, escríboche porque neste documento está (por fin) a descrición do comportamento da revisión que fixen da verificación da morfoloxía verbal galega con hunspell (lembras que che comentei cando comezaba o Nadal que ía dedicar esa temporada á revisión?). Parte da versión GPL e fíxose coa intención de que figurase nas versións seguintes. Agradeceríache que considerases a súa inclusión, eu non atopei o xeito de poder subir arquivos á forxa nin rexistrándome nin de ningún outro xeito. Ademais do comportamento que se describe no artigo, corrixíronse multitude de erros na morfoloxía flexiva: ando a cen este tempada (supoño que coma todo o mundo), pero se che interesase e cun pouco de paciencia, podería buscar exemplos de cuestións deste tipo que se corrixiron. Unha cousiña máis, que xa comentei con Antón hai uns días; despois de fedellar con todo isto, particularmente co analizador morfolóxico de hunspell, paréceme importantísimo que se acadase unha distribución do myspell-gl-es cos arquivos de afixos e de dicionario que manexan OpenOffice, Firefox... A razón é que se contásemos con esta distribución, calquera que a instalase pasaría a ter verificación ortográfica no gedit, no poedit, no lokalize... Non sei se está nas vosas mans, pero a verdade é que sería realmente interesante. Só unha cousa máis, para que non teñas que chegar ao final do artigo para saber onde están os arquivos coa revisión http://webs.uvigo.es/miguelsolla/gl_ES.zip O código está comentado, mesmo morfoloxicamente para o analizador, pero os comentarios xenéricos do arquivos de afixos precisan aínda dunha clarificación maior, fareina co tempo. Envíolle tamén unha copia desta mensaxe ao "voso" lingüista. Unha aperta 2009/1/23 Frco. Javier Rial <fjr...@cesga.es> - Ocultar texto citado - Estes cambios como podes ver só se incluíron na versión de desenvolvemento mentres que o noso lingüista analiza si son ou non admisibles no corrector. Polo de agora non foron propagados a ningures, até que non teñamos o visto bo. Cando teñamos todo revisado e validado, procederemos á creación dun novo tag no svn e á propagación dos novos ficheiros do corrector tanto para Mozilla como OpenOffice.org etc... Graciñas pola información que será tida en conta para a revisión destos termos. Un saúdo Frco. Javier Rial Rodríguez
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto