óao é unha forma agramatical en galego, óiao é a primeira e a terceira persoa de singular do subxuntivo do verbo oír cun pronome persoal átono de terceira persoa masculino singular enclítico. Os verbos que rematan en -aer -aír -oer e -oír engaden un -i- (antihiático) na primeira persoa do presente de indicativo na flexión (traio, saio, moio, desoio). Sobre a primeira persoa do presente sen desinencia de persoa (-o), tema de presente, fórmase o presente de subxuntivo: ouzo - ouza caibo - caiba conduzo - conduza delinco - delinca saio - saia canto - cante aterezo - atereza contribúo - contribúa
En galego hai moi poucos (pero moi frecuentes) presentes de subxuntivo con tema de presente irregular (estar, poder, haber, ir, facer, ser e non sei se haberá moitos máis) A revisión do corrector non parece necesaria. E vou abrir outro fío sobre o hunspell, porque este xa vai bastante estirado 2010/5/29 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com> > > Pode ser de interese recuperar o que hai aquí > > > > > http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para > > _OpenOffice.org > > Revisión / posta a proba do hunspell-gl: > > Conversa do corrector no wiki de Mancomún: > > NOMES > > dia → día (BEN) > auxiliár → auxiliar (BEN) > exercinte > No wiki de Mancomún informouse de que o termo é incorrecto, e que > debería recomendarse “exercente”. Porén, «exercinte presión no peito para > salvarche a vida» demostra que non é así. Así e todo, “exercente” non > aparecía > como válida. Abondou con engadila ao gl.dic (FEITO). > + exercente/10 > astrinxente → adstrinxente > Modificado no gl.dic. As formas verbais xa estaban ben, só fallaban os > substantivos. > * adstrinxencia/10 > * adstrinxente/10 > * adstritivo/10,14 > vinteún, vintedous, vintetres, etc. → vinte e un, vinte e dous, vinte e > tres, etc. (BEN) > Xa se marcan como incorrectas. Nestes momentos non é posible > suxerirlle > ao usuario unha corrección con varias palabras (salvo para un caso moi > concreto). Xa fixen unha petición formal aos do Hunspell para que permitan > este tipo de correccións, a ver se hai sorte. > > VERBOS > > hainas (BEN) > continuei (BEN) > elexir > Segundo o wiki, dentro da conxugación do verbo elixir existe esta > forma. > Segundo o DiGalego, non hai tal forma na súa conxugación. Salvo que alguén > demostre o contrario, o corrector fai ben en marcala como incorrecta. > > haino, óao, faino. > A única que non traga é óao. A ver se Miguel pode revisalo cando teña > tempo. > > interviron, interviu, intervistes, maldixen, bendixen > As tres primeiras non as dá como correctas, e os meus coñecementos de > lingua son limitados de máis para xulgar se é o comportamento axeitado ou > non. > As dúas últimas as dá por boas. > > éche, liches (flash do Wesnoth), leron, lera, leras, lerades, leran, > lésemos, rísemos, lésedes, rísedes, lesen, leres, lermos, lerdes, leren, > sirve, fuxe, iamos, iades, ide (BEN, TODAS) > > INTERXECCIÓNS > > abur, ah, ai, arre, benia, canté, carafío, caramba, cataplún, coriño, > dodemo, ea, eh, ei, eiramá, epa, gache, ho, hum, hurra, madeus, mícaro, > múcaro, oh, oi, olé, paf, pam, pataplaf, pataplún, plof, pum, pumba, > recoiro, > to, uf, vaites, xo, guau > Ningunha estaba presente. Engadidas todas ao gl.dic menos a última, > que > non aparece no VolGa. Sendo interxeccións, non lles engadín formas > alternativas, habería que engadir plural? (carafíos?) > > PARTICIPIOS FORTES E TRUCADOS > > ido, absolto, acolleito, aflito, colleito, comesto, contradicido, > controverso, desenvolto, desprovido, desprovisto, econlleito, envolto, > desprover, desprovido, desprovisto, ergueito, inserto, limpado, refritir, > volto, refritido, desdito, anisosilábico, antidóping, autoservizo, cableado > Algunhas estaban, outras non. Cambios no gl.dic (previa comprobación > da > súa existencia no VolGa): > + absolto/10,14 > + acolleito/10,14 > + aflito/10,14 > + anisosilábico/10,14 > * autoservizo/10 (antes “autoservicio/10”, o VolGa confirma que estaba > mal) > + colleito/10,14 > + desenvolto/10,14 > + envolto/10,14 > + ergueito/10,14 > + inserto/10,14 > + volto/10,14 > Non atopei no VolGa: contradicido, controverso, desprovido, > econlleito, > refritir, refritido, cableado. Mentres non se achegue outra fonte que as > verifique, quedan fóra. Asemade, o VolGa especifica que “antidóping” é un > termo incorrecto e que no seu lugar debe utilizarse «antidopaxe» (que o > corrector xa acepta). > > Continuará... > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto