2010/5/29 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
> Pode ser de interese recuperar o que hai aquí
>
> http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para
> _OpenOffice.org

Revisión / posta a proba do hunspell-gl:

 Conversa do corrector no wiki de Mancomún:

   NOMES

   dia → día (BEN)
   auxiliár → auxiliar (BEN)
   exercinte
     No wiki de Mancomún informouse de que o termo é incorrecto, 
e que
debería recomendarse “exercente”. Porén, «exercinte presión no peito para
salvarche a vida» demostra que non é así. Así e todo, “exercente” non aparecía
como válida. Abondou con engadila ao gl.dic (FEITO).

Penso que non é correcto «exercinte presión». Sería válido, aínda que con moitos peros, exercín(che) como 
demostra o feito de que a substitución polo pronome P3 de CD dá «exercinA»: ese pronome substitúe a 
"presión" e non a "a el/a" Confróntese o caso de "partinte/partino".

En consecuencia debería marcarse sempre como incorrecto *exercinte e dar a alternativa  correcta, se se pode. Os verbos da CIII fan sempre os participios de presente/adxectivos como -ente ou -iente. Son absolutamente excepcionais os terminados en -inte: seguinte. O correcto é sempre exercente (tanto no uso adxectivo como substantivo). Este en concreto, é un erro que deu moito que falar no ámbito da lingua culta e profesional: avogado *exercinte... cantos disgustos me deu fiarme do corrector.

 
     + exercente/10
   astrinxente → adstrinxente
     Modificado no gl.dic. As formas verbais xa estaban ben, só 
fallaban os
substantivos.
     * adstrinxencia/10
     * adstrinxente/10
     * adstritivo/10,14
   vinteún, vintedous, vintetres, etc. → vinte e un, vinte e dous, 
vinte e
tres, etc. (BEN)
     Xa se marcan como incorrectas. Nestes momentos non é 
posible suxerirlle
ao usuario unha corrección con varias palabras (salvo para un caso moi
concreto). Xa fixen unha petición formal aos do Hunspell para que permitan
este tipo de correccións, a ver se hai sorte.

Sería de interese que documentaras as xestións (onde, a quen, para que, como...)


     VERBOS

   hainas (BEN)
   continuei (BEN)
   elexir
     Segundo o wiki, dentro da conxugación do verbo elixir 
existe esta forma.
Segundo o DiGalego, non hai tal forma na súa conxugación. Salvo que alguén
demostre o contrario, o corrector fai ben en marcala como incorrecta.


elexir?

 
   haino, óao, faino.
     A única que non traga é óao. A ver se Miguel pode revisalo 
cando teña
tempo.

   interviron, interviu, intervistes, maldixen, bendixen
     As tres primeiras non as dá como correctas, e os meus 
coñecementos de
lingua son limitados de máis para xulgar se é o comportamento axeitado ou non.
As dúas últimas as dá por boas.


Todas esas son formas "alternativas" e correctas

     éche, liches (flash do Wesnoth), leron, lera, leras, 
lerades, leran,
lésemos, rísemos, lésedes, rísedes, lesen, leres, lermos, lerdes, leren,
sirve, fuxe, iamos, iades, ide (BEN, TODAS)

   INTERXECCIÓNS

   abur, ah, ai, arre, benia, canté, carafío, caramba, cataplún, 
coriño,
dodemo, ea, eh, ei, eiramá, epa, gache, ho, hum, hurra, madeus, mícaro,
múcaro, oh, oi, olé, paf, pam, pataplaf, pataplún, plof, pum, pumba, recoiro,
to, uf, vaites, xo, guau
     Ningunha estaba presente. Engadidas todas ao gl.dic menos a 
última, que
non aparece no VolGa. Sendo interxeccións, non lles engadín formas
alternativas, habería que engadir plural? (carafíos?)


Fixeches ben, non se usan plurais

     PARTICIPIOS FORTES E TRUCADOS

   ido, absolto, acolleito, aflito, colleito, comesto, contradicido,
controverso, desenvolto, desprovido, desprovisto, econlleito, envolto,
desprover, desprovido, desprovisto, ergueito, inserto, limpado, refritir,
volto, refritido, desdito, anisosilábico, antidóping, autoservizo, cableado
     Algunhas estaban, outras non. Cambios no gl.dic (previa 
comprobación da
súa existencia no VolGa):
     + absolto/10,14
     + acolleito/10,14
     + aflito/10,14
     + anisosilábico/10,14
     * autoservizo/10 (antes “autoservicio/10”, o VolGa confirma 
que estaba
mal)
     + colleito/10,14
     + desenvolto/10,14
     + envolto/10,14
     + ergueito/10,14
     + inserto/10,14
     + volto/10,14
     Non atopei no VolGa: contradicido, controverso, desprovido, 
econlleito,
refritir, refritido, cableado. Mentres non se achegue outra fonte que as
verifique, quedan fóra. Asemade, o VolGa especifica que “antidóping” é un
termo incorrecto e que no seu lugar debe utilizarse «antidopaxe» (que o
corrector xa acepta).


Tomo nota e a ver se che podo solucionar as dúbidas

 
Continuará...

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Attachment: signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a