Ola, igual seria interesante facer tamén un paquete con todo o que hai
no Galizionario para poder instalalo en local en sistemas GNU/Linux.

2010/9/22 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> En 2010/09/22 11:21, Antón Méixome escribiu:
>>
>> 2010/9/22 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>:
>>>>
>>>> AO mellor grazas a isto o galizionario colle forza?
>>>
>>> +1
>>
>> +1
>> Se o galizionario se compromete a ser estritamente normativo e
>> establece algún tipo de validadación académica ou oficial podería ser
>> a saída a estes problemas.
>>
>> Non estou involucrado no seu desenvolvemento en absoluto pero
>> propóñovos como ideas aos que si estades, comezar por
>>
>> - contactar cos departamentos de normalización das 3 universidades...
>> e logo os departamentos de galego correspondentes
>> - contactar coa CTNL (ctnl.org) que aglutina a case todos os técnicos
>> de normalización do país (e os servizos lingüísticos que case sempre
>> teñen web)
>> - contactar cos ENL dos centros docentes, a través da súa coordinadora
>> (coordinadoraendl.org)
>> - contactar co ILG e o Instituto Ramón Piñeiro
>> - contactar coa RAG
>> - contactar coa SXPL (para que o incorporen como recurso na súa lista)
>> http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos
>>
>> e con iso
>>
>> - ofrecer o galizionario como recurso fiable
>> - ofrecer asesoramento para incorporar o buscador do galizionario en webs
>> - demandar colaboración
>> - crear unha campaña de difusión do recurso (un éxito seguro se se fai a
>> tempo)
>> - incorporar o Galizionario como motor buscador no Firefox
>>
>> Creo que Trasno se podería ofrecer como axente de probas para esa
>> colaboración (interconexión e incorporación).
>>
>>
>> P.S. Respecto das arañas e tal :-) Nunca estaría de máis pero nin
>> sequera fai falta. Con coller o dicionario catalán en traducilo
>> veredes que "se parece" moito ao que ten o Digalego... e que a
>> precariedade da lexicografía galega non é novidade de agora.
>>
>>
>>
> Estou de acordo con todo!
> Penso que este é o momento de aproveitar que o digalego pasará a ser de
> pago.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a