2010/9/22 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
>
>
> 2010/9/22 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> 2010/9/22 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> >> AO mellor grazas a isto o galizionario colle forza?
>> >
>> > +1
>>
>> +1
>> Se o galizionario se compromete a ser estritamente normativo e
>> establece algún tipo de validadación académica ou oficial podería ser
>> a saída a estes problemas.
>>
>> Non estou involucrado no seu desenvolvemento en absoluto pero
>> propóñovos como ideas aos que si estades, comezar por
>>
>> - contactar cos departamentos de normalización das 3 universidades...
>> e logo os departamentos de galego correspondentes
>> - contactar coa CTNL (ctnl.org) que aglutina a case todos os técnicos
>> de normalización do país (e os servizos lingüísticos que case sempre
>> teñen web)
>> - contactar cos ENL dos centros docentes, a través da súa coordinadora
>> (coordinadoraendl.org)
>> - contactar co ILG e o Instituto Ramón Piñeiro
>> - contactar coa RAG
>> - contactar coa SXPL (para que o incorporen como recurso na súa lista)
>> http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos
>>
>> e con iso
>>
>> - ofrecer o galizionario como recurso fiable
>> - ofrecer asesoramento para incorporar o buscador do galizionario en webs
>> - demandar colaboración
>> - crear unha campaña de difusión do recurso (un éxito seguro se se fai a
>> tempo)
>> - incorporar o Galizionario como motor buscador no Firefox
>>
>> Creo que Trasno se podería ofrecer como axente de probas para esa
>> colaboración (interconexión e incorporación).
>>
>>
>> P.S. Respecto das arañas e tal :-) Nunca estaría de máis pero nin
>> sequera fai falta. Con coller o dicionario catalán en traducilo
>> veredes que "se parece" moito ao que ten o Digalego... e que a
>
> Paréceme que tampouco é moi de xustiza a afirmación, Antón, pero proba a
> traducilo...
> En serio, nada que ver coa tradución sistemática dunha obra catalana salvo
> puntuais acepcións (e bastante máis acusada en dicionarios que andan por aí
> en papel a prezos criminais).

Ben, a iso me quería referir. É certo que non é o Digalego o peor pero
igual que os dicionarios comerciais se alimentan doutros e, e doutras
editoriais, e non de traballos orixinais tamén o galizionario pode
alimentarse doutras publicacións. Co mesmo dereito e igual utilidade.
Ese é o parecido que interesa, non o tema do plaxio.

O galizionario ten case 30000 entradas
O vicionario ten 25800

 Máis ben é unha coletánea doutras obras
> lexicográficas, cos seus acertos e as súas eivas.
>

>>
>> precariedade da lexicografía galega non é novidade de agora.

Teño aquí a edición do 1994 do Diccionari de la llengua catalana:
77147 entradas e 154.548 definicións; 19 expresións de linguaxe
cientifico-técnica. Un excelente traballo e seguro que non é
"orixinal" tampouco.


>>
>>
>>
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a