2010/9/22 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> 2010/9/22 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> >> AO mellor grazas a isto o galizionario colle forza?
> >
> > +1
>
> +1
> Se o galizionario se compromete a ser estritamente normativo e
> establece algún tipo de validadación académica ou oficial podería ser
> a saída a estes problemas.
>
> Non estou involucrado no seu desenvolvemento en absoluto pero
> propóñovos como ideas aos que si estades, comezar por
>
> - contactar cos departamentos de normalización das 3 universidades...
> e logo os departamentos de galego correspondentes
> - contactar coa CTNL (ctnl.org) que aglutina a case todos os técnicos
> de normalización do país (e os servizos lingüísticos que case sempre
> teñen web)
> - contactar cos ENL dos centros docentes, a través da súa coordinadora
> (coordinadoraendl.org)
> - contactar co ILG e o Instituto Ramón Piñeiro
> - contactar coa RAG
> - contactar coa SXPL (para que o incorporen como recurso na súa lista)
> http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos
>
> e con iso
>
> - ofrecer o galizionario como recurso fiable
> - ofrecer asesoramento para incorporar o buscador do galizionario en webs
> - demandar colaboración
> - crear unha campaña de difusión do recurso (un éxito seguro se se fai a
> tempo)
> - incorporar o Galizionario como motor buscador no Firefox
>
> Creo que Trasno se podería ofrecer como axente de probas para esa
> colaboración (interconexión e incorporación).
>
>
> P.S. Respecto das arañas e tal :-) Nunca estaría de máis pero nin
> sequera fai falta. Con coller o dicionario catalán en traducilo
> veredes que "se parece" moito ao que ten o Digalego... e que a
>

Paréceme que tampouco é moi de xustiza a afirmación, Antón, pero proba a
traducilo...
En serio, nada que ver coa tradución sistemática dunha obra catalana salvo
puntuais acepcións (e bastante máis acusada en dicionarios que andan por aí
en papel a prezos criminais). Máis ben é unha coletánea doutras obras
lexicográficas, cos seus acertos e as súas eivas.


> precariedade da lexicografía galega non é novidade de agora.
>
>
>
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a