Acabo de botarlle unha ollada ao último artigo de Seigo, e vai do concepto de 
“actividade” que se engadiu con KDE 4 e do concepto de “actividade“ de GNOME 
Shell 3. Mesmo nome, distinta cousa.

Pode que cumpra comentalo o sábado se sobra tempo (que o dubido moito), ou 
discutilo un pouco na lista. Non vexo problema en que se traduzan igual, pero 
ao mellor estaría ben se dispoñemos de vocabulario diferenciar ambos en 
galego.

De todos xeitos, aínda non sei se cambiarán ou non o nome en inglés en GNOME 
antes de publicar a versión 3, así que ao mellor estaría ben esperarmos un 
tempo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a